|
Aula Bardos 96
Premiado polo PNTIC (Proxecto de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación) dependente do MECD (Ministerio de Educación e Ciencia e Deporte español) no seu concurso anual de software educativo de 1997 cun accésit. Autores (CEE de xordos "Nosa Sra. do Rosario" A Coruña)
Preguntaraste polo significado de "Bardos". A resposta é a seguinte: En Galicia, varios milenios atrás e antes da ocupación romana, existía a figura do "bardo". Unha persoa que deambulaba por aldeas e poboados da Galicia celta gañándose o seu xornal como xoglar, xornalista, sacerdote, mestre, poeta, ... todo nunha mistura que hoxe é difícil de imaxinar. Como pequena homenaxe a eles, o noso programa recibe o seu nome. Na Galicia de hoxe son moitos os mestres que seguen deambulando por pobos e aldeas cunha provisionalidade máis grande da desexable e unha mixtura de saberes non moi lonxe daqueles primeiros bardos. |
ATENCIÓN: A versión actual é a 3.00. Que poñemos a túa disposición e que, como principal novidade, aporta o poder usar este programa en varios idiomas, estando neste momento dispoñibles os seguientes:
— Español
— Galego
— Catalá
— Portugués
— Italiano
Aqueles que sintades interese por perfecciona-las mensaxes destes idiomas ou tradudi-lo programa a outros, mandádenos un correo electrónico para enviarvos a base de datos e os textos.
Breve descripción do programa:
Programa informático polo que a/o mestra/e, sen coñecementos previos de informática, deseña carpetas de traballo individualizadas para os seus alumnos.
Cada carpeta contén láminas.
Cada lámina é un exercicio formado por:
Un enunciado en forma de texto.
Unha imaxe a visualizar diante do neno obtida dunha biblioteca de imaxes.
Un exercicio que a/o mestra/e expón ó alumno.
Unha resposta que se agarda do alumno (de entre varias posibles segundo sexa o caso).
O programa permite que varias imaxes se agrupen para un só exercicio, ou ó revés, que varios exercicicios xiren en torno a unha imaxe.
A base de datos non impón ningún límite ó Nº de alumnos, carpetas, imaxes, exercicios por carpeta, mestres rexistradas/os, carpetas por autor/a... etc.
A biblioteca de imaxes admite incorporar cantas imaxes se desexe dende o exterior sempre e cando se cumpran uns requisitos básicos de formato que se explican máis adiante.
O sistema incorpora un proceso de avaliación e seguimento dos alumnos.
Incorpora métodos para a exportación de carpetas duns ordenadores a outros.
Pensouse inicialmente para afrontar o cansancio na reiteración de exercicios relativos á adquisición de vocabulario por parte de alumnos xordos de curta idade. En cambio, temos descuberto que é moi adaptable a outros ámbitos educativos.
Programa gratuito, pincha aquí:
Este programa o poñemos a túa disposición para que o empregues libremente e de valde. A continuación reproducimos unha sinxela ficha coas súas características técnicas para o caso de que se adaptan ós teus recursos e necesidades. De ser así, pincha sobre o enlace anterior para inicia-lo procedemento de descarga.
Ficha técnica
Nº máximo de carpetas Ilimitado. Nº máximo de láminas (exercicios) x carpeta Ilimitado. Nº máximo de imaxes na biblioteca Ilimitado. Seguimento e avaliación dos alumnos Si. Conservación dos datos de avaliación Si. Posibilidade de manipular e deseñar carpetas Total. Equipo informático necesario PC compatible 80386 ou superior. Vídeo VGA ou superior. 4 Mb. de memoria RAM en adiante. Sist. operativo MS-DOS ou Windows. 8Mb de disco duro. Orixe das imaxes da biblioteca Non importa. Formato das imaxes da biblioteca 320x200 píxeles. Formato PCX (de ZSoft). 16 cores como máximo. Obxectivos Os que cada mestre decida en cada caso. Metodoloxía A que o mestre decida.
Se tes dificultades para facelo funcionar, pincha aquí:
Aula Bardos programa presenta ás veces algunha dificultade técnica para que funcione ben polos seus conflictos co sistema operativo Windows. Neste enlace explicamos cómo resolvelas.
Se desexas crear novas imaxes para aumenta-la biblioteca, pincha aquí:
Aula Bardos permite a incorporación de imaxes á biblioteca dun xeito sinxelo. Neste enlace explicamos cómo resolvelas.