web dinámicas
As web dinámicas
|
XUSTIFICACIÓN: Esta dirixida a tódolos centros de ensinanza pública agás a Universidade é e totalmente libre e voluntaria. OBXECTIVO O obxetivo e que tódolos centros conten coa sua páxina web e introduzcan na sua labor educativa algunhas das ferramentas que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación poñen a súa disposición na actualidade. É un proxecto no que a información e os contidos cobran maior importancia e se ten en conta fundamentalmente o traballo colaborativo da comunidade educativa (profesores, nais e pais, alumnos e alumnas). CARACTERÍSTICAS: Ofertase aos centros educativos unhas aplicacións dinámicas en contorno web preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación que teñen como características principais:
Drupal: Sistema dinámico de xestión de contidos. O contido textual da páxina e a súa configuración almacénanse nunha base de datos MySql. A publicación de novidades (artigos, avisos, comentarios, libros colaborativos, blogs...) é inmediata sendo polo tanto unha ferramenta de gran versatilidade e funcionalidade Moodle: Plataforma de aprendizaxe ou aula virtual. Unha potente ferramenta que permite crear unidades didácticas co seus materiais e actividades como apoio a ensinanza presencial Coppermine: Ferramenta que permite de xeito sinxelo a creación de galerías de imaxes clasificadas en albúms PhpWebQuest: Indicada para a creación de WebQuest, MiniQuest, Cazas do Tesouro... ALGÚNS EXEMPLOS DE PÁXINAS WEB DE CENTROS: http://centros.edu.xunta.es/iesricardocarballocalero |




