Crear páxinas web con DRUPAL

¿Como crear un contido ou unha

páxina Web con Drupal?

  1. Os usuarios poden crear o tipo de contidos para os que están autorizados. Para iso han de idenficarse para poder
    entrar no espazo web co seu nome de usuario e contrasinal rexistrado.
  2. Cando un usuario entra na páxina, aparece o o seu nome no
    bloque de navegación, (xeralmente situado na parte inferior do marco da esquerda)
  3. Desde o bloque de navegación de cada usuario, ha de pulsar no
    menú "Crear contido"
  4. Na ventá seguinte pide que selecciones o tipo de contido que queres crear
    (normalmente elixe o contido "Páxina".
  5. Ha de poñerse un título, escoller unha categoría (menú) onde
    queres que se publique. Podes elexir en varias categorías. Se non seleccionas
    ningunha, o contido vai ser enviado ao servidor web do centro, pero non se verá
    publicado ata que lle indiquemos onde o queremos publicar ou que ese contido vai
    ser enlazado.
  6. No campo de "Corpo" é o lugar onde
    hai que crear o contido que aparecerá no marco central do sitio web. Para iso dispomos duns iconos que son as ferramentas
    similares ás dun procesador de texto para dar formato ao texto e engadir fotos,
    enlaces, viñetas, etc.
  7. Rematado o proceso nesta apartado, podemos indicar (máis
    abaixo) as distintas opción de publicación (publicado, non publicado=se
    vai ser linkado), na páxina principal, pegañoso no comenzo da lista, etc)
  8. Se queremos enviar ficheiros ADXUNTOS: temos a opción de "Ficheiros
    adxuntos". Abrese unha nova ventaniña onde debemos indicar desde "Examinar" onde se atopa o ficheiro que imos subir.
    Logo pulsamos no botón "Adxuntar" e posteriormente vainos indicar debaixo do nome do arquivo subido a ruta que ten ese ficheiro.
    Así quedaría anexado ao contido ou páxina.
  9. Se queremos que o adxunto estea enlazado a un
    texto con hipervínculo,
    seleccionamos a palabra/texto ou imaxe e pulsamos o icono "enlace" situado no procesador. Abre
    unha ventaniña onde debemos indicar a dirección de enlace do ficheiro que temos subido.

  10. Finalmente darlle ao botón ENVIAR situado no
    fondo do formulario e XA ESTÁ PUBLICADO


  11. Para máis información pulsa neste MANUAL DRUPAL


  12. Podes acceder á Aula Virtual do asesor Siega para seguir o  Curso básico Drupal para usuarios pulsando a entrar como invitado