historia

Proba nivel 2

fgdasg
dfgsdfg
dsfs

novo

proba de contido

Barco de Valdeorras

 

Historia de O Barco de Valdeorras



1

Nalgunhas covas da Serra da Lastra acháronse restos humanos primitivos. Noutros lugares hai petróglifos e asentamentos castrexos. Os gegurros eran os antigos poboadores destas terras e dese xentilicio deriva o topónimo actual (Val-de-giorres).

A romanización foi intensa nun territorio tan estratéxico como rico en minerais. Entre As Médulas e Montefurado son frecuentes as pegadas da actividade extractiva. Por aquí pasaba a Vía Nova, que unía Braga e Astorga, e outras vías secundarias que obrigaron a construír pontes que son testemuña daquela época.

Na Idade Media o Señorío de Valdeorras foi administrado pola nobreza. Condes de Lemos, Marqueses de Vilafranca e Condes de Ribadavia foron marcando os seus destinos. As fortalezas do Bolo e do Castro son os referentes daquela época, esta última vila foi cabeza de xurisdición ata comezos do s. XIX. Os mosteiros da veciña comarca do Bierzo e a Orde de San Xoán de Xerusalén compartiron coa nobreza a administración destas terras.

En 1809, grupos de guerrilleiros valdeorreses ao mando do abade de Casoio impediron, en Sobradelo, o paso das tropas francesas do mariscal Soult. A finais dese mesmo século, Valdeorras, que estivera representada nas Cortes de Cádiz polo liberal Ruíz de Padrón, ábrese ao mundo moderno co ferrocarril, que chega en 1883, poucos anos antes de construíren no Barco a ponte de San Fernando, esencial para a boa comunicación das xentes da bisbarra.

Distribuir contido