Os Picassos das Cavernas

Os alumnos de E.Infantil de 5 anos B adéntranse na arte rupestre.

Esta semana aprendemos que as primeiras obras de arte da historia non están nos museos senón pintados directamente nas paredes dunhas covas. Os artistas de fai miles de anos pintaban sobre todo animais e escenas de caza e para iso utilizaban materiais da natureza: terra, area e carbón.

Nós puxémonos ao choio e cos mesmos materiais fixemos as nosas propias obras seguindo o exemplo destes primeiros artistas.

 

Actividades previas:

1-O curso pasado visitamos a clase de 6º de Primaria para ver como traballaban a arte rupestre e estes días prestáronnos un mural dun bisonte que fixeron para observalo con detemento.

2-Vimos un DVD da colección "Érase unha vez o home" (capítulo 3) e tamén unha selección de imaxes de pinturas rupestres no encerado dixital.

3-Ensináronnos e leron libros relacionados co tema como "A prehistoria" da colección MINI LAROUSE.

Elaboración dun bisonte:

1-Cun carboncillo repasamos a silueta dun bisonte.

2-Fixemos dúas mesturas, a primeira con terra avermellada, auga e cola branca para pintar o bisonte e a segunda con terra negra para o fondo.

3-Cun pincel pintamos o bisonte coa mestura vermella e engadímoslle area estendéndoa co dedo.

4-O fondo da nosa composición fixémolo aplicando a terra negra cunha esponxa para conseguir así unha textura similar á parede dunha cova.

Gozamos moito con esta actividade e ademais aprendemos moitísimas cousas sobre a vida dos seres humanos na prehistoria.

 

Galería coas imaxes da nosa actividade:

 

 


Distribuir contido