Práctica 1: Alta en Moodle, personalización dos datos de usuario, creación e edición dun curso
Moodle é unha aplicación web que se emprega para crear e xestionar plataformas educativas. Este tipo de aplicacións denomínanse EVAE (Entorno Virtual de Ensino e Aprendizxe) ou Aulas Virtuais. Desde estas plataformas educativas os centros educativos, ou diferentes institucións, proporcionan recursos, materiais educativos e deseñan actividades de aprendizaxe para estudantes. Ademáis Moodle permite controlar o acceso dos estudantes e profesores e tamén serve, como vía de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
|