MATRÍCULA
CURSO 2019-2020

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
4º infantil        1º primaria    4º primaria    6º primaria

 

 NORMATIVA REGULADORA:
ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo)
ORDE do 25-01-2017 que modifica a do 12-03-2013 (DOG 01-02)

ZONA EDUCATIVA Nº 8
 Mapa e Centros

     Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguinda da Avenida de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluindo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras-Matamá.

NOTA INFORMATIVA

  • A matriculación do alumnado no Centro suporá respectar o seu proxecto educativo.

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  HORARIO SECRETARÍA: De 09:00 a 09:50 e de 13:10 a 14:00 
do 24 ao 30 de xuño: de 9:00 a 10:00 e de 13:00 a 14:00 horas -- do 1 ao 5 de xullo e do 2 ao 10 de setembro: de 10:00 a 11:30
 

PROCESOS

PRAZOS

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º (Para 1º de ESO)

1 a 15 de febreiro

SOLICITUDE DE PRAZA PARA ALUMNADO NOVO

1 a 20 de marzo

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (Educación infantil e primaria)

20 a 30 de xuño

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (ESO e Bacharelato) (No centro que corresponda)

25 de xuño a 10 de xullo (consultar co centro)

 

SOLICITUDE DE PRAZA 2019-2020

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

  • Luns 25 de febreiro, previa cita:

    Mañá 10:00
    12:30
  • Martes 26 de febreiro, previa cita:

    Mañá 10:00
    12:30
    Tarde 16:30
    17:30
  • Mércores 27 de febreiro, previa cita:

    Mañá 10:00
    12:30

PRAZOS (sen confirmar)

  • Antes do 1 de marzo - Publicación da oferta de postos escolares no taboleiro e na web do centro.

  • 1 - 20 de marzo - Presentación da solicitude de admisión.

  • 25 de marzo a 8 de abril - Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, no o caso de haber máis solicitantes que prazas. (10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

  • Antes do 25 de abril - Publicación das listaxes provisionais de admitidas e non admitidas.( 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación para reclamacións)

  • Antes do 15 de maio - Publicación das listaxes definitivas de admitidas e non admitidas.

DOCUMENTACIÓN

* Tamén pode enviarse telemáticamente o Anexo II  desde https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ con sinatura electrónica ou presentando en prazo no centro o código xerado e o resto da documentación).

 

INSTRUCIÓNS

 

BAREMACIÓN
 

Cando non existan prazas suficientes, o proceso de admisión rexerase polos seguintes criterios prioritarios:

a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro. (Unha irmá ou irmán: 8 puntos, resto: 2 puntos cada unha/un).

b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro. (3 puntos).

c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es. (Domicilio en zona: 6 puntos, en zona limítrofe: 3 puntos; traballo en zona : 4 puntos, en zona limítrofe: 2 puntos).

d) Renda anual per cápita da unidade familiar. (Inferior a 0,5 IPREM: 3 puntos; entre 0,5 e 0,75 IPREM: 2 puntos; entre 0,75 e 1 IPREM: 1 punto).

Considérase que a unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feíto rexistradas, ademais dos fillos/as menores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, considerarase o proxenitor que teña a garda e custodia; se a custodia é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude.

Determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral (casiña 415) e da base impoñible de aforro (casiña 435) das declaracións de renda 2017 de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros desta. O IPREM a aplicar é o correspondente ao ano 2017 (6.454,03 €). A situación da unidade familiar é a correspondente ao 28 de febreiro de 2019.

e) Condición de familia numerosa. (Categoría especial: 3 puntos, xeral: 2 puntos).

f) Condición de familia monoparental. (2 puntos).

g) Discapacidade na alumna ou alumno (4 puntos), ou en nai, pai, titora, titor (3 puntos), irmá ou irmán do alumnado (1 punto cada unha /un).


Documentación acreditativa dos criterios anteriores:

c) Certificado de empadronamento municipal. Certificado da empresa onde traballa o pai/nai/titor-a ou alta censal da Axencia Estatal Tributaria se traballa por conta propia.

d) Sinatura que autoriza á Axencia Tributaria a comprobar os datos fiscais.

e) Fotocopia do título de Familia Numerosa.

f) Certificación da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
(Correo: proteccionmenores@xunta.gal - Teléfono: 881999011).

g) Certificación expedida polo órgano competente da Xunta de Galicia.

LISTADO DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

CURSO

VACANTES

4º de Educación Infantil (3 anos)

5º de Educación Infantil (4 anos)

6º de Educación Infantil (5 anos)

1º de Educación Primaria

2º de Educación Primaria

3º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

6º de Educación Primaria

* 3 prazas están reservadas pola administración para posibles alumnos/as con
Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
 

 Nota: Os admitidos deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño
 O sobre de matrícula debe ser recollido en Secretaría
Para o ensino secundario, este cento está adscrito ao IES San Tomé

 

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019-2020 (Para infantil e primaria)
 O sobre de matrícula debe ser recollido en Secretaría

PRAZO

  • 20 ao 30 de xuño

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO
(Entrégase no Centro un Sobre de Matrícula para alumnos/as novos/as con todos os impresos)

  • Impresos de matrícula debidamento cubertos e asinados.

  • Autorización de uso da imaxe do alumno/a (Permiso para publicar, na web do Centro, fotos das actividades escolares).

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

  • Fotocopia da cartilla de vacinacións (presentar a orixinal).

  • 1 fotografía tipo DNI (só para 1º de infantil).

  • Certificado do centro anterior. (Só educación primaria).

  • Fotocopia do libro de familia (presentar o orixinal) (só para os que non fixeron admisión).

  • Impreso para a solicitude de axuda para libros de texto (para alumnos/as de primaria).

  • Fotocopia do DNI, NIE ou Pasaporte dos proxenitores ou titores. (O pasaporte non é valido para solicitar axudas para libros ou comedor).