Arriba
Fotos
No mes de febreiro de 2005 visitámo-las Burgas de Ourense. A pesares de telas tan cerca había nenos que nunca estiveran nelas.
Sen dúbida estas fontes son o motivo pricipal da existencia de Ourense. A cidade na época dos romanos foi crecendo en torno a estas fontes. A lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo que se atopa dentro da Catedral.
As Burgas e o seu entorno foron declaradas "Conxunto histórico artístico" no ano 1975.

As augas que saen polos seus canos son fluoradas e hipertermales sendo moi boas para dermopatías. A temperatura media da auga é de 70 graos centígrados e o caudal de 300 litros por minuto (sempre e cando "Xardín as Burgas" e os seus acólitos do Concello nolo permitan).

A Burga de Abaixo é a que presenta maior caudal e foi construida a mediados do século XIX. Ten tres corpos e cada un co seu cano de auga termal.

Sobre estas fontes pódese observar o escudo de Ourense.

A Burga de Arriba é máis antiga (S-XVII) cunha estructura moito máis sinxela e cun caudal de auga máis pequeno. Completando este entorno atopamos a réplica de catro aras romanas, un pequeno estanque de auga termal e dúas esculturas : "A casa da nube" e "Calpurnia Abana" adicadas á ninfa Calpurnia.