Arriba
A Siradella
Ría de Arousa
Illa da Toxa
Visita ó acuario
O día 26 de maio de 2006 fixemos unha viaxe ó Grove.

 O primeiro que visitamos foi o Centro de Interpretación da Natureza da Siradella, as paisaxes que desde alí presenciamos foron espectaculares e estivemos asesorados polos monitores do Centro que nos explicaron dun xeito moi didáctico a flora e fauna da ría de Arousa.

A segunda actividade que fixemos foi a viaxe nos barcos Aquavisión pola Ría de Arousa, onde observamos varias bateas e os fondos das mesmas.

A continuación nos diriximos á Illa da Toxa para comer, despois do xantar fixemos unha andaina pola illa visitando as instalacións do balneario, os arredores do Gran Hotel, a antiga fábrica do xabón, a capela das cunchas, ...

Para rematar fixemos unha visita ó acuario, onde contemplamos a fauna mariña da ría, así coma outras especies mariñas.

O regreso paramos a merendar nun área de servicio  do Concello da Cañiza. Foi unha excursión moi completa xa que paramos nin un minuto.