Fotos

Atrás

No mes de xuño do curso pasado fomos coñecer a comarca do Barbanza, e una das actividades que fixemos foi a de realizar unha visita ás Dunas de Corrubedo.

Están situadas no concello coruñés de Ribeira e forman un Parque Natural cunha gran riqueza de  flora e fauna adaptada a aridez e a inestabilidade do substrato areoso, xa que estas dunas son móbiles. Algunhas especies son endemismos do noroeste peninsular e están consideradas como vulnerables ou en perigo de extinción.
Dentro do Parque tamén se atopa a lagoa de Carregal moi rica en fauna, destacando a gran variedade de parrulos que aniñan nela.

Estas dunas son, as máis grandes do norte de España.