proxectos da biblioteca

A Castaña e o Castiñeiro


Este ano fixemos un traballo de investigación sobre a castaña e o castiñeiro. Fomos a un souto, a unha empacadora de castañas e finalmente puxémonos a investigar nos libros, na web e coas familias. Ao final resumimos as nosas investigacións neste traballo que agora vos presentamos.
Esperamos que vos sexa de proveito.

A Longa viaxe dun gran de trigo


Este ano estivemos traballando nun proxecto de alimentación e decidimos que, ao longo de dous anos, imos investigar que lle pasa ao longo da súa vida a un gran de trigo, dende que é sementado ata que atravesa o noso sistema dixestivo, pasando pola seitura, o moído, o levedado e o enfornado.
Como o proxecto é de dous anos aínda está feito só pola metade, e se irá completando segundo se vaian facendo as investigacións de cada parte.
Para irdes botando unha ollada ao traballo podedes premer aquí.




2017 Anos de Carlos Casares


Traemos aquí unha liña do tempo do escritor Carlos Casares a quen a Real Academia Galega adica as letras galegas de 2017. Con esta liña comezamos a nosa contribución ao coñecemento da súa figura.
O texto está baseado na biografía que aparece na páxina da Fundación Carlos Casares



Manuel maría, poeta da terra cha

Como todos os anos queremos homenaxear ao  autor  ao que se lle adica a festa das letras, neste caso, neste ano 2016, tal honor cae na figura dun poeta moi querido por nós, Manuel María Fernández Teixeiro.
Deixámovos un enlace a unha secuencia de actividades sobre a súa figura que esperamos vos sexa de interese.

Manuel María

Tamén podes facer este LIM sobre a figura de Manuel María para comprobar canto sabes sobre el.

Proxecto Documental "Convivimos"


Neste apartado podedes ver o Prezi que fixemos co gallo do Proxecto Documental "Convivimos" que realizamos no colexio neste curso 2014-2015.
Máis adiante faremos o noso propio documento de convivencia, a nosa "Constitución Escolar", e teremos que votala para que todos a aceptemos e cumpramos.

Materiais de formación de usuarios: lectores electrónicos

Como este ano puxemos en marcha, por fin!, un club de lectura con e-readers, e a nosa intención é extender  esta iniciativa a todos os clubs que poñamos en marcha para o vindeiro curso.
Para facilitar as operacións básicas e que todos saibamos como manexar estes dispositivos, poñemos a disposición de todos os lectores estas dúas achegas de formación.

lim de manexo do e-reader Sony presentación operacións básicas e-reader


Actividades das letras galegas: Xosé María Díaz Castro


Presentamos a nosa  contribución ao coñecemento do autor homenaxeado neste ano 2014 coa celebración das Letras Galegas, o poeta dos Vilares en Guitiriz, Xosé María Díaz Castro.
Esperamos que vos sexa de utilidade e que, tras realizar esta actividade Lim saibamos máis deste autor galego.
Xosé María Díaz Castro


Proxecto documental: Edificios do barco


Xa
 temos a web do proxecto documental do curso 2013-14, na que investigamos sobre a historia dos edificios máis senlleiros do Barco de Valdeorras.
A nosa idea é que a Web sexa accesible dende dispositivos móbiles, para o que imos colocar códigos QR nos edificios que permitan á xente do lugar, e aos forasteiros que nos visiten, coñecer un pouco máis sobre as edificacións do noso pobo.
Mentres non colocamos os códigos podedes acceder á Web dende aquí.



Día da PAz, día de mandela


Hai pouco máis dun mes que morreu Nelson Mandela, un loitador a prol da igualdade, contra do racismo e da marxinación. Parece lóxico que este ano lle adiquemos a celebración do Día da Paz a este singular líder que soubo dirixir unha revolución dende unha pequena cela no cárcere de Robben Island.
Dende a biblioteca queremos facer a nosa contribución ao coñecemento da súa figura e para iso elaboramos unha Caza do Tesouro que nos vai permitir coñecer a súa biografía e os principios polos que loitou.

Nelson Mandela

Roberto Vidal Bolaño e o teatro do noso país


No ano 2013 a Real Academia Galega acordou adicar as celebracións do Día das Letras a un home entregado ao proxecto de construír o teatro profesional de Galicia: Roberto Vidal Bolaño.
Autor, director, actor, iluminador, realizador... todas as facetas do teatro foron atinxidas pola actividade desbordante de Roberto Vidal Bolaño.
Nós, dende este curruncho de Galicia, queremos dar unha sentida homenaxe a este home singular, e como non podía ser doutro xeito, esta homenaxe é a de coñercer a súa obra, a súa vida, a súa aportación á pervivencia dun xeito de vivir no mundo, ser galeg@s.
Elaboramos esta procura do tesouro, cunhas pequenas actividades en LIM para avaliar canto aprendimos,  que vos animamos a realizar.

Roberto Vidal Bolaño

Paisaxes de valdeorras na biblioteca


Este ano andamos na biblioteca a enredar nun Proxecto Documental sobre a paisaxe. A  idea do tema vén do comité Ambiental do Centro e responde ao tema que se propuxo na reunión da Axenda 21 Escolar de Galicia do pasado ano. Para axudar á elaboración do traballo, tentando corrixir algúns dos erros que detectamos no proxecto anterior elaboramos unha páxina na que recollemos o esquema da nosa investigación, as normas para a súa elaboración e un par de páxinas de recursos (bibliográficos e web) que poderemos consultar. Non se trata de coutar iniciativas, senón de dar un punto de partida igual para tod@s.
Preme na imaxe de Trevinca, e terás acceso a este novo recurso.

Pena Trevinca


Valentin Paz Andrade: Poeta e ensaísta


No ano 2012 a Real Academia Galega decidiu que se honraxe a memoria de Valentín Paz Andrade, poeta e ensaísta, a máis de home de empresa. 
Paz Andrade, significado loitador pola autonomía, tanto na república como na restauración democrática, é un claro exemplo de home comprometido co país e coa lingua, defensor , na súa condición de avogado, de moitos perseguidos polo rexime franquista, el mesmo tivo que afrontar a cadea e o desterro polas súas actividades.
Técnico da FAO e especialista en pesca, impulsou a modernización da pesca en Galicia ao poñer en marcha o proxecto Pescanova canda José Fernández.
Aportamos este Libro Interactivo para sabermos un pouco máis da súa figura e da súa obra.
debuxo de Valentín Paz Andrade realizado por Castelao



LOIS PEREIRO: POETA DA MODERNIDADE


Outro ano  máis andamos ás voltas coas Letras Galegas. Este ano adicáronselle ao poeta monfortino Lois Pereiro. Adentrarse na súa obra non é doado, poeta da dor e a enfermidade, con moitas referencias ás literaturas centroeuropeas, pero aínda así imos tentar coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra. 
Con este LIM aproximarémonos ao seu coñecemento. Preme na foto para acceder ao programa.

Lois Pereiro


Uxío Novoneyra: poeta do courel


Veleiquí unha pequena contribución a un mellor coñecemento de Uxío Novoneyra, poeta a quen se lle adica o día das letras galegas deste ano 2010.
Uxío foi un ardoroso defensor da nosa lingua, un home que a cultivou con paixón de artesán, recollendo as verbas populares do seu (noso) Courel.
Realizamos un pequeno libriño Interactivo e Multimedia que vos invitamos a facer e que nos vai servir para coñecer un pouco mellor a traxectoria vital do poeta, a súa bibliografía, algúns exemplos poéticos os seus documentos gráficos....
Preme na imaxe para acceder.

Uxío Novoneyra no Courel



Titoriais para  un uso máis efectivo da rede


Queremos  agora comezar unha serie de entregas de titoriais nos que imos tentar aprender a facer un uso máis efectivo da rede nas nosas consultas. Empezaremos coa Wikipedia e logo pasaremos a estudar algúns trucos que podemos aprender para mellorar os resultados das nosas procuras en google.


que é a Wikipedia? titorial uso google

Formación de usuarios


Pensamos que o único xeito de  que os nenos e as nenas do colexio utilicen ben a Biblioteca é usándoa, e facéndoo dun xeito consciente, como bos usuarios dela.
Para iso decidimos elaborar un programa de exercicios para saber que é a biblioteca, como habemos de comportarnos nela, como se ordean os libros e moitas cousas máis. Preme eiquí se queres realizar estes exercicios.

formación usuarios 1 formación usuarios 2 formación usuarios 3


WebQuests, e Procuras do tesouro


Andamos os do equipo de Bibliotecas argallando algunhas actividades de procura documental que nos permitan ir medianamente preparados ás visitas que fagamos para coñecer o noso contorno.
Tamén preparamos uns materiais para investigar sobre varios temas: A orixe do libro e da escrita, os grandes astrónomos e Darwin e a evolución.
Aquí abaixo tedes os enlaces para acceder a estes traballos.


Astronomía Darwin e a evolución
o pan e os cereais As uvas e o viño
Historia do libro e da escritura Biblioteca: unha procura do tesouro
Os bombeiros instrumento popular africano
Lim sobre os albendares o supermercado
correos Mozart
Os contos clásicos O Apalpador e os seus amigos
violin

O Barquiño de Papel


O Barquiño de papel é o nome do boletín da nosa Biblioteca. Edítase en papel, cunha periodicidade non moi exacta,  e aproveitamos tamén para facer unha edición dixital da mesma.  Preme nas cabeceiras situadas abaixo, e poderás ler os distintos números da revista xa publicados.

outono 05 xaneiro 06 maio 06 maio 07 outono 07
nadal 07 maio 08 nadal 08 xaneiro 09 outono 09
Barquiño nadal 09 Barquiño xaneiro-febreiro 2010 barquinho outono 2010 olimpiada barquiño abril 2011
barquiño nadal 2011 barquiño febreiro 2012 barquiño abril 2012 barquiño decembro 2012 Barquiño xaneiro 2013
barquiño nadal 2013 barquiño nadal 2015 barquiño olimpiada 2015 Barquiño de papel marzo 2016
    

As fotos dos avós


Hai algúns anos fixemos un traballo de recollida de fotografías antigas,  e o resultado foi tan bo, atopáronse fotografías tan preciosas, que non puidemos resistir a tentación de facermos unha exposición con elas. 
A toda a comunidade educativa encantoulle a iniciativa, e dado que había tanta xente que quería unha copia de tal ou cal foto, decidimos poñelas a disposición de tod@s na rede. 
Premede na fotografía que acompaña esta entrada e... velaí as tedes!

Alumnas da escola de Veigamuíños

gastronomía do magosto


Tamén recollimos unha presadiña de receitas que captan os sabores do outono de Valdeorras. A castaña está presente na meirande parte das receitas aportadas polas familias do alumnado, que quixeron, deste xeito, partillar coa comunidade educativa, eses pratos tradicionais, transmitidos no seo das familias deica hoxe.

Entrade nas RECEITAS DO MAGOSTO, e desfrutade!


Materiais de alfin


Guía rápida de citas
Operadores booleanos
Valoración de Webs
Recomendacións apuntes, subliñados