.:: A Pobra do Caramiñal::.

OS PAZOS

Os pazos son casas señoriais antigas , pertencentes ós antigos nobres de Galiza. As súas paredes están decoradas con armas das familias.

Na Pobra do Caramiñal atópase a casa grande de Aguiar.A casa é unha edificación do século XVI que ergueu a familia real preto da torre de Xunqueiras cuio dono é Fernán Martín , da cal ainda existe, pero a construcción actual pertence ó século XVIII.

O nome de Aguiar provén dos enlaces matrimoniais. Na fachada podemos admirar un escudo moi curioso.

A carón do anterior pazo, atópase o pazo do Couto , construido no ano 1717,que pertenceu á familia Valderrama.Nun dos muros laterais resalta unha fermosa pedra de armas sostida por unha serea.

O pazo pasou por último poo condes de Camarasa quen o posuiron ata o século XIX