




CEIP
"RAMÓN OTERO PEDRAYO"
A LARACHA
O RÍO ANLLÓNS
Nace ó pé do monte Pedrouzos, na zona de Montemaior, onde se xuntan os concellos de A Laracha e Cerceda.
Temos as primeiras fontes no lugar de Brañas do Feo, na aba sur do monte.
No concello de Cerceda, os lugares de Coence e Fracela , beneficianse coas augas deste pequeno regato.
Un pouco máis abaixo este río coñécese co nome de Rego das Labandeiras.
En Pedamúa, lugar da parroquia de Meirama, a pendente faise máis pronunciada e as augas baixan a máis velocidade, a partir deste lugar o río toma dirección oeste, adentrándose no val de Soandres.
O curso medio do río comeza preto de Santa Baia.
Na primeira parte do curso medio, que atravesa as terras do concello de A Laracha, o caudal do río case non sofre variacións, por non recibir ningún afluente.
Nos lindes entre os concellos de A Laracha e Carballo, o Anllóns recibe dous afluentes :
O Acheiro pola esquerda, é o afluente máis importante, nace na serra de Montemaior, pasa pola parroquia de Golmar e emboca no Anllóns no lugar de Vista Alegre.
O Vilan, pola dereita que nace no monte Agudo.
Este río atravesa terras do concello de Carballo e desemboca no concello de Ponteceso, na ría de Corme e Laxe.