|
Datos do Centro Contexto Instalacións (Fotos) Sinais de identidade
SITUACIÓN:
No barrio de Monte Alto NÚMERO DE ALUMNOS/AS: 150
NÚMERO DE GRUPOS: 3 de Ed. Infantil, 2 de Ed. Primaria 1º ciclo
NÚMERO DE PROFESORES:
15
ESPECIALIDADES DO PROFESORADO: Educación Infantil
O
Centro está situado na barriada de Monte Alto, ó noroeste da cidade de A
Coruña.
O nivel socioeconómico
Tendo en
conta o nivel de estudios obsérvase que o tramo maioritario ocúpano os
cabezas de familia con estudios primarios, BUP e FP. Sendo o tramo de
cabezas de familia con estudios de grao medio ou superior igual que o tramo
dos sen estudios ou analfabetos. Comparando os datos cos do resto do
concello, observamos un lixeiro descenso na porcentaxe de cabezas de familia
con estudios superiores.
Tendo en
conta a profesión dos cabezas de familia, obsérvase que a profesión de
obreiro é a que conta con maior número de cabezas de familia, superior á
media de todo o concello. O tramo de profesións liberais e de cadros medios
e superiores de administración e empresas é o seguinte máis numeroso, sendo
tamén superior á media. As demais profesións cumpren a media e os xubilados
supoñen un 8%.
En canto
ós ingresos declarados por cada familia, non se advirte diferencia nos
tramos altos, respecto dos do resto do concello. Nos tramos de máis baixos
ingresos, advírtese que as familias que reciben un salario máis baixo que o
mínimo interprofesional, supoñen o dobre que no resto do concello.
AULAS:
3 para Ed. infantil TITORIAS:
1 para pedagoxía terapéutica AULAS ESPECÍFICAS:
Educación musical
Novas tecnoloxías SALÓN DE ACTOS:
Dotado con megafonía e escenario SERVICIOS HIXIÉNICOS:
Servicios nenos/nenas (en ámbalas dúas plantas)
Servicios profesorado en
ámbalas dúas plantas. PATIOS:
2 cubertos, 1 situado na entrada principal e outro na entrada norte. 2 descubertos, 1 diante moi soleado e outro detrás con pista polideportiva e zona de xogo libre. HORTO ESCOLAR con dúas parcelas onde o alumnado fai diferentes plantación ó longo do curso.
FOTOS DAS INSTALACIÓNS NOSO COLEXIO: (Picar sobre elas para velas ampliadas)
Respecto do idioma
O proceso
para conseguilo será:
*
Educación Infantil impartirase en lingua
castelá con apoio oral (contos, cántigas, adiviñas, teatro ... ) en lingua
galega.
*
Educación Primaria, 1º ciclo impartirase en
lingua galega a área de Coñecemento do medio social e natural ademais das
específicas dedicadas á lingua galega.
*
Educación Primaria, 2º e 3º ciclos
impartiranse en lingua galega as áreas de Coñecemento do medio social e
natural e a Artística ademais das específicas dedicadas á lingua galega.
Entendemos
o colexio como unha colectividade, non como un conxunto de aulas.
Promocionarase o traballo en equipo organizando actividades colectivas co
gallo de celebrar festas e actividades como as que seguen:
Festa da
Vendima.
Festa do
Magosto.
Festa do
Nadal.
Día da Paz
e festival de poesía.
Semana da
prensa escrita.
Semana das
Letras Galegas.
Festa da
fin do curso.
Publicación do xornal escolar “O Voceiro de Hércules”.
A educación nos valores
Para
conseguilo serán traballados cun agarimo especial os contidos transversais:
Educación
para a saúde.
Educación
para a paz e a convivencia.
Educación
vial.
Educación
para a igualdade de sexos.
Educación
para o consumo.
Educación
na liberdade de crenzas. Educación no respecto polas tradicións
Emprego das novas tecnoloxías como apoio pedagóxico Seguindo as tendencias de vangarda, introducirase o emprego da informática como un medio
máis de
traballo e como un reforzo ou un complemento pedagóxico.
Podéis contactar conosco na seguinte dirección: Colexio Público "SANJURJO DE CARRICARTE" Praza de San Xosé, s/n - 15002. A Coruña Teléfono:981-20 21 20 Fax.: 981-20 53 96 Tamén podéis enviarnos unha mensaxe por correo electrónico da Xunta de Galicia:
|