FINA CASALDERREY O día 24 de abril Fina visitou a nosa biblioteca. Ven falar cos rapaces de 3º e 6º, que traballaron nas aulas os seus libros As de moscas para Anxo e O misterio dos fillos de Lúa.

Con ese motivo: = Decorámo-la biblioteca con traballos realizados polos rapaces. = Expuxémo-los seus libros. = Presentamos unha breve biografía.

 

 

xaneiro 2002

XORNADA POLA PAZ

Dentro das actividades do colexio co motivo do Día Mundial pola paz, a fixemos unha selección de libros: LER PARA A PAZ. Tamén agasallamos a cada neno có conto "A ponte" Ralph Stadman

marzal 2002

abril 2002

CARLOS CASARES

Con motivo da sua morte a nosa biblioteca realizou:

= unha exposición dalgúns dos seus libros

= unha breve biografía.

maio 2002
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

febreiro

2002

 
 

Coa disculpa de presenta-los novos libros organizamos QUINCENA DA POESÍA

Pretendemos deperta-lo interés pola poesía así que organizamos unha serie de xogos cos poemas dos libros novos: Alberti, Gloria Fuertes, Lorca, Hernández, Machado e varios autores galegos.

 
 
 
 

 

 

 

 

maio 2002

 

 

OS NOSOS AVOS

Os noso avós son importantes para nos, o colexio quíxolles facer unha homenaxe, por eso a REVISTA LITERARIA deste ano estivo adicada a eles. Na biblioteca mostramos unha selección de libros OS LIBROS DOS AVOS. Editamos un contiño, que regalamos a cada rapaz "El libro de la abuela Josefina"