O noso é un colexio pioneiro na instalación e utilización das novas tecnoloxías no ensino. Contamos cun equipamento moi importante e un nivel de formación do profesorado no seu manexo e utilización didáctica moi elevado e en constante mellora.

A sala de informática forma parte dunha rede que une tódolos ordenadores do colexio. Na aula que utilizan os alumnos e alumnas contamos cun número suficiente de pcs para que cada un deles acceda ó seu manexo. Unha liña RDSY mantén unha conexión constante destes en Internet.

O Equipo de mestres que conforma o Grupo do Taller de Experiencias deseña, recopila e elabora as actividades desta sala para os titores.

A web que estás a visitar forma parte das actividades de formación que levan a cabo os profesores e profesoras do centro. Pronto será mellorada e completada co traballo dos alumnos e alumnas.