Inicio > Aula Hospitalaria Ourense > Celebramos o día do libro

Celebramos o día do libro

Miércoles, 25 de Abril de 2012

Para celebrar o día do libro realizamos tres actividades coa pretensión de conseguir que os nosos alumnos lean máis:

1.- Contacontos a cargo de Esther Movilla a traves dunha actividade da concellaría de Educación do concello de Ourense .

2.- Presentación dun conto infantil elaborado no noso hospital  polo equipo da escola e de cirurxía pediátrica e con ilustracións da pintora ourensana Maite Vázquez.   

3.- Agasallamos ao noso alumnado  cun libro de contos, un marcapáxinas e unha priruleta, obsequio da Fundación Antena 3.