NUESTRO CENTRO
O edificio principal foi construído no ano 1971. Corresponde a súa construcción ó antigo ensino primario e escolarizaba ós rapaces das parroquias de Baredo, Baíña, O Burgo e Baiona. A primeira denominación do centro foi o de colexio nacional de Covaterreña e comezou a funcionar no curso 1972/73. Na actualidade o centro consta de dous edificios: un para as unidades de educción primaria e secundaria e outra para educación infantil. Os dous edificios están separados entre sí e están ubicados no mesmo recinto escolar. No ano 1985 establécese un Centro de Recursos coa finalidade de proporcionar recursos didácticos ó profesorado da zona educativa de Baiona e para que os profesores e profesoras contén cun centro onde producir e intercambiar material e experiencias didácticas. |
||
|
||
No curso 1998/99 o centro convértese nun CPI, no cal se escolarizan de forma obrigatoria a alumnos e alumnas de 6 a 16 anos, e de xeito voluntario a nenos e nenas da etapa infantil. Segundo a rede de centros publicada en maio de 1998 o centro está constituído por catro unidades de educación infantil, doce unidades de primaria e oito de educación secundaria. Debido a esta nova situación levouse a cabo durante este ano unha remodelación do edificio principal, na súa parte central, para dotar ó centro dunha serie de infraestructuras para poder impartir, cun mínimo de calidade, as ensinanzas correspondentes ó ensino básico obrigatorio recollido na LOXSE. Esta remodelación consistiu na construcción dos seguintes espacios: aulas para a ESO, aula de música, aula de informática, laboratorio de ciencias, aula de plástica, catro departamentos didácticos, oficina de alumnos e de asociación de pais e nais, aula de tecnoloxía, biblioteca, sala de profesores, despachos, salón de actos, ximnasio, vivenda do conserxe e centro de recursos. No curso 199/00 implántase un programa de garantía social de "Axudante de cociña e restauración" coa colaboración da asociación de comerciantes e empresarios de Baiona e ata o curso 98/99 impartironse as ensinanzas básicas iniciais para persoas adultas.
Somos un colectivo formado por 46 profesores e profesoras, por 8 compoñentes de persoal de administración e servicios e por un total de catrocentos sesenta alumnos e alumnas distribuído do seguinte xeito: 65 en educación infantil, 185 en educación primaria e 210 de educación secundaria. A principal característica do noso centro e do personal que nel traballamos consiste no labor conxunto que nel realizamos os profesores de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria. |