INICOEMAIL INTERESANTESAXENDASCALCULADORAO Foro do noso Centro¿QUEN SOMOS?APUNTES
 
   
Noso Ensino
Departamentos
Contactar con..
Sala de alumnos
Sala de profes
Noticias
   
 
Sala de Alumnos... Sistema educativo...
Ensinanza de réxime xeral -VI- Programas de Garantía Social
 
Programas de Garantía Social
       
  Estes programas forman parte das medidas de atención a diversidade e permite darlle unha resposta axeitada a aqueles alumnos que non remataron a ESO de forma satisfactoria. Ten como fin de proporcionarlle unha formación básica e profesional que lle posibilite a incorporación a vida activa oi proseguir os estudios nas distintas ensinanzas, especialmente nos ciclos de grao medio.
 
  Obxetivos destes programas son:  
      -Desenvolver e afianzar a madureza persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que lles permitan participar como persoas responsables nun traballo e na actividade social e cultural.
-Desenvolver as actitudes e dotalos de recursos e da orientación necesarios para buscar un posto de traballo e/ou para o autoemprego.
-Ampliar a súa formación co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades propios do ensino básico.
 
 
Destinatarios:
Persoas menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 asnos no ano natural no que inicie o programa e se atope nas seguintes condicións:
  -Estaren escolarizados no segundo ciclo da ESO e, logo de acceder a un programa de diversificación curricular, a xuizo do equipo educativo que os atende, non estar en condicións de acadar os obxectivos da etapa por esa vía. Excepcionalmente, tamén poderán acceder o alumnado ó que non lle fose posible cursar un pregrama de diversificación curricular e se atope, a xuizo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar.
-Estaren desescolarizadas e non posuir titulación académica superior á do graduado escolar ou que, logo de acadar esa titulación, careza do título de formación profesional de primeiro grao.
-Teren unha oferta dunha empresa para un contrato de formación. Aquelas empresas que desexen realizar un contrato de formación a persoas que reúnan os requisitos de acceso a programas de garnatía social acordarán cos centros educativos que impartan estes programas o número de prazas para área de formación básicas e aquelas complementarias do programa.
 
 
 
¿Cales son os nosos programas de garantía social?  
¿Desexa ver o diagrama do ensino en Réxime Xeral?
 
 
 
GARCÍA BARBÓN, 48 int. 36201 Vigo Tel: 986 44 21 21 - 986 44 21 20