INICOEMAIL INTERESANTESAXENDASCALCULADORAO Foro do noso Centro¿QUEN SOMOS?APUNTES
 
   
Noso Ensino
Departamentos
Contactar con..
Sala de alumnos
Sala de profes
Noticias
   
 
Senderismo... Consellos...
Consellos prácticos para práctica senderismo
 
O senderismo pódese considerar unha práctica deportiva de fondo apta para tódolas persoas que teñan boa saude. Non se necesita ningunha aptitude física especial, pero recoméndase estár nun tono físico correcto (esta definición é tan ambigüa que se pode afirmar que, case todo o mundo, está en condicións de practicar o senderismo).

Para empezar a camiñar non é estrictamente necesario facer un quencemento, basta con comezar a actividade pouco a pouco, incrementando o ritmo lentamente, pero si se quenta non está de máis (eso só para os profesionais).

Recoméndase vestir roupa cómoda, (a roupa deportiva e a aconsellable), calzado cómodo (as botas son moi recomendables) e vestir calcetíns nos pes (canto máis gordos mellor).

Esta actividade esenvólvese, normalmente, por entornos con algún interese paixaisístico, etnolóxico, natural ou ecolóxico. Por esta razón, e necesario respetar o entorno para así seguir conservando estes lugares. Polo que se recomenda deixar os lugares de paso e estancia igual ou mellor do que estaban, non tirando basura, respetando as prantas, animais, etc.

Dependendo da duración da ruta, pode ser necesario levar comida e auga. O auga e fundamental, xa que si fai calor pódese sufir unha deshidratación, polo que se recomenda lebar un litro ou litro e medio por persoa. Ainda que a duración sexa corta (non sendo necesario comer no camiño) recomendase levar frutos secos, galletas, chocolate ou alimentos parecidos polo seu alto valor enerxético.

Si o sol apreta é necesario levar un gorro para a cabeza e protección solar.

 
 
En resumo, é necesario levar:
- Roupa e calzado comodo.
- Calcetins grosos.
- Auga e comida.
- Sombreiro.
- Protección solar.
 
 
 
 
GARCÍA BARBÓN, 48 int. 36201 Vigo Tel: 986 44 21 21 - 986 44 21 20