IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  5 de Abril do 2022 - 98 visualizacións  
  Visita CITIC na Coruña  
 
O alumnado de Ciclos Formativos de Graos Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web e Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do noso instituto ven de visitar o CITIC (Centro de Investigación TIC impulsado pola Universidade da Coruña).
Puideron coñecer os obxectivos deste centro, incluído o traballo dunha investigadora da área de Ciencia e Enxeñería de Datos do CITIC centrada na detección de emocións a través de teléfonos móbiles e dispositivos wearables.
Tiveron a oportunidade de coñecer tamén o CPD (Centro de Proceso de Datos) e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico en ámbitos de robótica, xeolocalización, realidade virtual e realidade aumentada.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela