Actividades do departamento de Filosofía

 

 

Aquí atoparedes, entre outras cousas, os traballos que algúns alumnos realizaron como actividade interdisciplinar durante o presente curso e que consideramos que merecen ser lidos; sirva ademáis isto como copyright do traballo realizado e como modelo de vontade e esforzo para futuras xeracións:

 

 

CURSO 2001 - 2002

                                      

I Congreso de Jóvenes Lectores

 

Temos NOVIDADES GRÁFICAS: as esperadas fotos do tour que os elixidos deste I Congreso realizaron nas illas Canarias. Pasen, vean e critiquen .....

 

Celebrado en Las Palmas de Gran Canaria entre os días 20 ó 25 de maio de 2002. 

O que se pretendía era extraer unha imaxe das illas Canarias a partir do relato dun libro dun autor canario; 15 provincias da península foron elixidas e entre elas Lugo coa nosa representación; 3 grupos-libro foron considerados entre os mellores, e de seguido adxuntamos os textos e as fotos para que compartades os momentos más especiais:

 

· JJ Armas Marcelo e o seu libro El árbol del bien y del mal, que traballaron Leticia Castelao Peláez e Concepción López Seijas do 1º curso de BAC de Educación Permanente de Adultos (EPA); ou Así en La Habana como en el cielo, que traballaron Lucía Iravedra García e Lorena García García.

 

· Luis León Barreto coa súa obra Las espiritistas de Telde, que traballaron Antonia Gamallo López e Diego Rodríguez Paz.

 

· Alberto Vázquez Figueroa, coa obra Océano, que traballaron Encarnación López Morado e Yéssica Pico Castosa.

 

 

Res varia

 

Noutra orde de cousas algúns decidiron traballar tamén as facetas do cómic e mostrar e demostrar que o serio é o contrario de aburrido e non está reñido con ningunha faceta da intelxicencia e a creatividade humana. Así, filtraron os álbumes de Astérix na busca de expresións latinas que convertiron ó galego, francés, inglés e alemán. Pode haber erros, naturalmente, xa que aínda nos queda por revisar moitas cousas, pero o xefe do departamento de filosofía estaba tan ilusionado co traballo que non tivemos máis remedio que asignarlle un espacio virtual inmediatamente e deixar as posibles rectificacións para despóis das probas de contidos (Vulg. exames).

 

Resumindo: para os que sempre lles gustou Astérix, para os que sempre miraron cun sorriso á historia, para os que sinten curiosidade por outras linguas, para os que lles gustan os guiños intelectuais, para os que lles gusten a ironía, o sarcasmo, o traballo aparentemente fácil e sobre todo para os que lles guste pasar un rato mentalmente agradable, entrade no estudio de Antonia Gamallo López e Diego Rodríguez Paz: Los latinismos de Astérix (é longo e costoso de baixar e temos que mellorar a estética de presentación que perdeuse no camiño ó ciberespacio, pero paga a pena botarlle unha ollada). 

AVISO 16/12/2002 : Estamos mellorando este traballo. Durante uns días (poucos esperamos) só poderedes gozar dunha parte pequena deste mundo antigo. Esperamos rematar moi pronto. Graciñas pola visita.

 

Tamén andivemos polos ceos co alumnado da optativa de Filosofía da Cc. e da Tecnoloxía de 2º curso de BAC de Educación Permanente de Adultos (EPA), e froito desta preocupación sideral foron os seguintes traballos, que nin pretenden ser orixinais, nin aportar ningunha novidade ó tema do Universo, só mostrar como se pode equilibrar o estudio e o divertimento cun mínimo esforzo.

 

Se tedes forza aínda logo destes paseos escritos de aguantar os títulos de crédito, dirémosvos que como profesores estamos orgullosos dos traballos realizados, e intentaremos aproveitar este espacio virtual para dar publicidade ó esforzo e á boa vontade con que o noso alumnado afronta o seu día a día educativo, prescindindo da pompa e boato (charanga e pandereta, panem et circenses) tan característica de moitas obras boas, mediocres e malas, que algúns louban ás veces con menos razóns. Certo que o labor do profesorado é unha semente lenta que fructifica cando xa temos esquecido a súa orixe, pero a nosa razón última non debe estar nos contidos senón na formación de persoas, de futuros cidadáns. Con ese espírito visitade as nosas páxinas e sempre atoparedes algo no que pensar.

 

CURSO 2002 - 2003

 

Coas mellores intencións (coma sempre) comezamos un curso máis con algunha novidade no departamento:

Somos dous profesores impartindo o cadro completo de materias. A fichaxe deste curso provén do departamento de grego, e xa conta cunha ampla traxectoria nas ensinsanzas de filosofía. Así cubrirá os espacios filosóficos de 1º BAC EPA, e a optativa de Filosofía da Ciencia e Tecnoloxía en 2º BAC EPA. O resto cubrirá as ensinanzas de 1º e 2º BAC e a optativa de 2º BAC Introducción ás Ciencias Políticas e Socioloxía.

 

Os traballos que intentaremos sacar adiante este ano refírense a diferentes ámbitos:

 

Filosofía na arte: perseguer as representacións pictóricas nas que aparezan algúns dos nosos protagonistas.

 

Lecturas recomendadas: daremos cabida aquí ós sesudos comentarios que calquera dos nosos alumnos e alumnas quera facer logo dunha tranquila lectura de obra filosófica ou non.

 

Aplicacións didácticas: procuraremos non deixar no olvido ningún traballo que se realice para as clases de filosofía, de tal forma que o esforzo individual poida ser compartido. Comezaremos cun traballo sobre o 7, e material divulgativo sobre as primeiras commemoracións do vindeiro mes (aclararemos todo ó seu debido tempo, consultade con frecuencia o noso espacio virtual).

A Historia quasi máxica do 7, feita por Ángela Chao Cobo,Tamara Dorado Fernández e Laura López Paz (1º BAC A)

Se tedes algunha suxerencia para este ano ou queredes poñervos en contacto connosco, xa sabedes que hai moitas formas de facelo.

 

 

 

VOLVER

 

 

PÁXINA PRINCIPAL

DEPARTAMENTOS