Avaliación da composición: 10 puntos [comprensión e explicación da temática do texto: 3 puntos; Desenvolvemento da temática do autor do texto: 5 puntos; Madurez intelectual: 2 puntos].
OPCIÓN 1
“E ademais -repuxo Cebes interrompéndoo-, segundo este argumento, Sócrates, que ti soes con tanta frecuencia repetir, de que o aprender non é senón lembrar, resulta tamén, se ese argumento non é falso, que é necesario que nós teñamos aprendido nun tempo anterior o que agora recordamos. Mais esto é imposible, a non ser que existise a nosa alma nalgunha parte antes de chegar a esta figura humana. De sorte que tamén, segundo esto, parece que a alma é inmortal”.
PLATÓN, Fedón, 72
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Clases sociais e formas de goberno en Platón.
OPCIÓN 2
“Despois disto púxenme a considera-lo que se require, en xeral, para que unha proposición sexa verdadeira e certa; pois, en vista de que acababa de atopar unha que sabía que o era, pensei que debía saber tamén en que consistía esa certeza. E tendo observado que na proposición penso, logo existo, o único que me asegura de que digo a verdade é que vexo moi claramente que para pensar é necesario ser, xulguei que podía tomar como regra xeral que as cousas que concibimos moi clara e distintamente son todas verdadeiras, e que soamente hai algunha dificultade en advertir ben cales son as que en realidade concibimos distintamente”.
DESCARTES, Discurso do Método, cuarta parte.
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve na tamén na Composición a temática seguinte: Razón e realidade: a teoría das substancias.
-------------------------------------------------------
2.2. “O amor é de tal natureza que xamais intentamos (como o facemos coa admiración e outras paixóns) liberarnos del. E iso por dúas razóns: porque é imposible e porque é necesario que non nos libremos del.
Imposible, porque el non depende de nós, senón tan só do ben e utilidade que descubrimos no obxecto. Xa que, se non quixeramos amar nada, sería necesario que antes non coñeceramos nada, o cal non depende da nosa liberdade: porque, se non coñeceramos nada, sen dúbida que tampouco seriamos nada.
Necesario non librarnos del, xa que, dada a debilidade da nosa natureza, non poderiamos existir sen gozar de algo co que estamos unidos e fortalecidos”.
B. SPINOZA, Tratado breve sobre Deus, o home e a súa felicidade, V, 5
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Teoría da realidade: substancia, atributos e modos en Spinoza.
--------------------------------------------------------
2.3. “Supoñamos que a mente é, como nós dicimos, un papel en branco, baleiro de carácteres, sen ideas. ¿Como se enche? ¿De onde procede o vasto acopio que a ilimitada e activa imaxinación do home gravou nela cunha variedade case infinita? A esto respondo cunha palabra: da experiencia. Nela está fundado todo o noso coñecemento, e dela se deriva todo en último termo. A nosa observación ocupándose xa sobre obxectos sensibles externos, ou xa sobre as operacións internas das nosas mentes, percibidas e reflectidas por nós mesmos, é a que abastece ó noso entendemento con tódolos materiais do pensar. Estas dúas son as fontes do coñecemento: delas proceden tódalas ideas que temos ou podemos ter”.
LOCKE, Ensaio sobre o entendemento humano, Libro II, cap. 1º.
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Teoría política: a sociedade civil e o contrato social.
--------------------------------------------------------
2.4. “A idea de substancia, como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples unidas pola imaxinación e que posúen un nome particular asignado a elas, mediante o cal somos capaces de recordar -a nós ou a outros- esa colección. Pero a diferencia entre estas ideas consiste en que as calidades particulares que forman unha substancia son referidas polo común a un algo descoñecido en que se supón inhiren; ou ben , concedendo que esa ficción non teña lugar, suponse que a lo menos están estreita e inseparablemente conectadas entre si por relacións de contigüidade e causalidade. O resultado de todo esto é que, cando descubrimos que unha nova calidade simple -sexa cal sexa- garda a mesma conexión coas demais, incluímola entre elas, aínda que non entrara na primeira concepción da substancia”.
D. HUME, Tratado da natureza humana, Primeira Parte, Sección VI.
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: O Emotivismo moral en Hume.
--------------------------------------------------------
2.5. “As obrigacións que nos ligan ó corpo social non son obrigatorias senón en canto son mutuas, e a súa natureza é tal que, cumpríndoas, non se pode traballar para outro sen traballar tamén para si mesmo. ¿Por que a vontade xeral é sempre recta e por que todos queren constantemente a felicidade de cada un deles, se non é porque no hai ninguén que non se apropie esta palabra, cada un, e que non pense en si mesmo ó votar por todos? O que proba que a igualdade de dereito e a noción de xustiza que esta igualdade produce provén da preferencia que cada un se dá e, por conseguinte, da natureza do home; que a vontade xeral, para ser verdadeiramente tal, debe selo no seu obxecto así como na súa esencia; que debe partir de todos para aplicarse a todos, e que perde a súa rectitude natural cando tende a algún obxecto individual e determinado, porque entón, xulgando sobre o que nos é alleo, non temos ningún verdadeiro principio de equidade que nos guíe”.
J. J. ROUSSEAU, O Contrato Social, cap. IV.
Comprensión e explicación da temática do texto
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Do estado de natureza ó estado social.
--------------------------------------------------------
2.6. “O noso coñecemento xorde basicamente de dúas fontes do psiquismo: a primeira é a facultade de recibir representacións (receptividade das impresións); a segunda é a facultade de coñecer un obxecto a través de tales representacións (espontaneidade dos conceptos). A través da primeira dásenos un obxecto; a través da segunda, pensámolo en relación coa representación (como simple determinación do psiquismo). A intuición e os conceptos constitúen, pois, os elementos de todo o noso coñecemento, de modo que nin os conceptos poden subministrar coñecemento prescindindo dunha intuición que lles corresponda dalgunha forma, nin tampouco pode facelo a intuición sen conceptos”.
KANT, Crítica da razón pura, II Parte, I.
Comprensión e explicación da temática do texto.
Desenvolve tamén na Composición a temática seguinte: Kant e a Ilustración. Contidos ideolóxicos da Ilustración.
|
Historia da Filosofía Avaliación dos exercicios: Análise, 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos; 2ª cuestión, 3 puntos. (O alumno elixirá duas cuestións das tres propostas)- OPCIÓN 1 "Nós os que somos doutra crenza -, nós os que consideramos o movemento democrático non meramente coma unha forma de decadencia da organización política, senón como forma de decadencia, isto é, de empequenecemento do home, coo a súa mediocrización e como o seu rebaixamento devalor, ¿onde teremos que acudir nosoutros coas nosas esperanzas? - A novos filósofos, non queda outra elección; a espíritos suficientemente fortes e orixinarios como para empuxar cara a valoracións contrapostas e para transvalorar, para invertir "valores eternos"; a precursores, a homes do futuro, que aten no presente a coacción e o nó, que coaccionen a vontade de milenios a seguir novas vías. Para ensinarlle ó home que o futuro do home é vontade súa, que depende dunha vontade humana, e para preparar grndes riscos e ensaios globais de disciplina e selección destinados a acabar con aquel horriible dominio do absurdo e do azar que ata agora se chamou "historia"- o absurdo do "número máximo" é tan só a súa última forma" NIETZSCHE, F., Máis alá do ben e do mal, 203. 1. Análise e comprensión do presente texto. 2. Explica a afrmación do "devir" como idea directriz da Filosofía de Nietzsche. ¿Supón isto a negación da metafísica? ¿Existen para el no mundo causas e efectos, finalidade? 3. Interpretación nietzscheana da cultura grega e actitude fronte a Sócrates e Platón. 4.
Transmutación de valores e oposición ó Cristianismo. A
doutrina do Superhome. OPCIÓN 2 "É evidente que existen as causas e que o seu número é o que nós dixemos. Todas elas quedan incluídas na resposta á pregunta de "por qué algo é ou existe"; a pregunta "por qué", en efecto, lévanos ou ben á esencia, que é un último termo nos seres inmóbiles...; ou ben leva ó primeiro motor (por exemplo: ¿por qué loitaron? Porque foran saqueados; ou ¿para qué? Para dominar); ou ben, naquelas cousas que se fan, leva á materia. Polo tanto, que esas son as causas e que este é o seu número, é evidente. Agora ben, sendo catro as causas, é tarefa e oficio do físico o coñecelas todas. E debe explica-lo porqué das cousas dunha maneira conforme á física, referindo este porqué a tódalas causas ditas; é dicir, á materia, á forma, ó motor e ó fin. Pero hai tres, sobre todo, que conflúen nunha, pois a forma e o fin son unha mesma cousa; e o ser primeiro, de quen procede o movemento, no difire especificamente da forma e do fin". ARISTÓTELES, Física, II, 7 1. Análise e comprensión do presente texto 2. Explica a teoría aristotélica da "potencia e o acto" en relación co problema do movemento. 3. Con respecto á causa eficiente ¿en qué difire a "causa principal" da "causa instrumental". 4. Explica a Teoría hilemórfica e a súa aplicación ó ser humano. PAAU (LOXSE) - 2000 HISTORIA DE LA FILOSOFÍA - Código 42 - SETEMBRO Avaliación dos exercicios: Análise , 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos; 2ª cuestión, 3 puntos (O alumno elixirá dúas cuestións das tres propostas). OPCIÓN 1 "Sen embargo, ¿quen dubida que vive, recorda, entende, quere, pensa, coñece ou xulga?; posto que, se dubida, vive; se dubida, recorda a súa dúbida; se dubida, entende que dubida; se dubida quere estar certo; se dubida, pensa; se dubida, saba que non sabe; se dubida xulga que non convén asentir temerariamente. E aínda que dubidase de tódalas demais cousas, destas xamais debe dubidar, porque se non existisen, sería imposible a dúbida". AGOSTÍÑO DE HIPONA De Trinitate, X, 10, 14 1. Explicación e comprensión do presente texto. 2. A partir da fórmula "comprende para crer, cre para comprender", explica a relación fe-razón en S. Agostíño. 3. ¿Qué lugar ocupa a Teoría da Iluminación para o coñecemento, en S. Agostíño? 4. Relaciona liberdade humana e mal moral. OPCIÓN 2 Deste modo, debido a que os nosos sentidos nos enganan ás veces, decidín dar por suposto que non hai ningunha cousa que sexa tal como eles nola fan imaxinar. E, posto que hai homes que se equivocan ó razoar, mesmo respecto das materias máis simples da xeometría, incorrendo entón en paraloxismos, xulgando que eu estaba exposto a equivocarme igual que calquera outro, rexeitei como falsas tódalas razóns que aceptara antes como demostracións. E, finalmente, considerando que tódolos mesmos pensamentos que temos cando estamos espertos tamén se nos poden ocorrer cando estamos durmidos, sen que, en tal caso, ningún deles sexa verdadeiro, tomei a determinación de finxir que tódalas cousas que xamais entraran no meu espírito non eran máis verdadeiras cás ilusións dos meus soños. Pero, inmediatamente despois, deime conta de que mentres eu quería pensar desta maneira que todo era falso, resultaba de todo punto necesario que eu, que o estaba pensando, fose algo. E decatándome que esta verdade: penso, logo existo, tiña tal grao de firmeza e seguridade que tódalas máis extravagantes suposicións dos escépticos non eran capaces de facela vacilar, xulguei que podía recibila sen escrúpulos como o primeiro principio da filosofía que buscaba". DESCARTES, Discurso do método, cuarta parte 1. Explicación e comprensión do presente texto. 2. Despois de descubri-lo primeiro principio da súa filosofía no propio eu, ¿qué razoamentos se ve obrigado a facer Descartes para garanti-lo coñecemento do mundo exterior?. 3. ¿Cales son as "condicións de certeza" dunha proposición? 4. Características da dúbida cartesiana. ¿En que se diferencia da dúbida dos escépticos?
|