|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS
A educación básica para as persoas adultas está estructurada en tres niveis. No Nivel I ( alfabetización) o alumnado deberá adquirir habilidades e técnicas de lecto-escritura e cálculo. No Nivel II (equivalente á Ensinanza Primaria) ampliaranse os coñecementos adquiridos no Nivel I para que lle permita ó alumnado acceder o Nivel III no que obterán o título de graduados en Educación Secundaria. O prazo de matrícula nos niveis I e II ábrese o 1 de setembro , e permanecerá aberto durante todo o curso. O Nivel III (equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria) está estructurado en catro módulos cuadrimestrais, polo que se poderán realizar os catro módulos en dous anos académicos. (Durante estes dous anos haberá un mínimo de 1250 períodos lectivos, dos que 1155 son os correspondentes ós distintos ámbitos de coñecemento e titorías. Os 95 períodos restantes son de libre disposición para o centro e estarán adicados a unha oferta curricular propia do centro). O prazo de matrícula para os módulos I e III do nivel III permanecerá aberto durante a primeira quincena de setembro, e para os módulos II e IV ata a terceira semana de xaneiro. Unha vez finalizado o prazo de matrícula, con carácter excepcional sempre que existan prazas no centro, poderá admitirse a matrícula de alumnos. BAC de adultos poderase realizar en dous anos académicos, con un número de períodos lectivos similar á Ensinaza ordinaria pero en horario tarde-noite. As datas de inscripción para acceder ás ensinanzas de bacharelato para persoas adultas serán ata finais de setembro. Actividades de formación sociocultural como cursos de historia comarcal e saídas guiadas para coñecer o patrimonio artístico-cultural do entorno, iniciación á informática e internet, etc. Con carácter xeral, poderán cursar ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos. Con carácter excepcional para o nivel III , poderán matricularse: -Os alumnos menores de 18 anos que acrediten ter cursado ensinanzas de adultos no ano académico anterior. -Os alumnos que acrediten ter cursado un progama de Garantia Social, ou de estalo cursando cando a compatibilidade horaria o permita. -A delegación provincial , tralo informe favorable da inspección educativa, poderá autoriza-la matícula na Educación Secundaria de Adultos aqueles alumnos que necesiten estar escolarizados para a realización dun contrato de traballo de formación. -Con autorización do director do centro, cando os alumnos menores de 18 anos que pola aplicación do punto décimo primeiro da Orde do 25 de abril de 1994(DOG de 18 de maio) non poidan seguir escolarizados en centros de Educación Secundaria, poderanse matricular na Educación Secundaria de Adultos. -Os alumnos menores de 18 anos que acrediten terse presentado ás probas de Graduado Escolar. |