|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
¿É necesario estar preparado para traballar nunha tenda?O pequeno comerciante, unha das figuras máis características do sector servicios, atópase en proceso de transformación cara a unha maior cualificación, demandando, ademais dun maior coñecemento de todo o proceso comercial e dos productos, formación en aspectos financeiros (cómo obter financiación para pór en marcha a tenda, cómo leva-la contabilidade, contratación de persoal ...), organizativos (distribución da sala de vendas, organización do almacén, elección do surtido,...) e de imaxe (escaparate, publicidade, promocións, trato ó cliente...). Dado que hoxe por hoxe tódolos establecementos teñen productos similares, os comerciantes teñen que "gañar clientes" diferenciándose da compentencia. Xa non chega con ensina-los artigos que compoñen o surtido. Polo tanto, non está de máis dispor dos coñecementos necesarios para facer rendible, ó máximo, o establecemento comercial a tódolos niveis. ¿En que podo traballar sendo Técnico en Comercio?Poderás exercer como tal no sector de Comercio nas áreas de comercialización e almacenaxe. Nos pequenos establecementos comerciais poderás exercer a túa actividade POR CONTA PROPIA como COMERCIANTE que establece un negocio comercial de tipo familiar e con poucos empregados. En establecementos comerciais medianos ou grandes, traballarás POR CONTA ALLEA nas diferentes seccións comerciais como:
¿É difícil atopar traballo como Técnico en Comercio? Como dato significativo podemos comentarche que a 1ª PROMOCIÓN DE TÉCNICOS EN COMERCIO deste Centro (2000-2001), que ó remata-la FCT (Formación en Centros de Traballo), se incorporou ó mercado laboral a partir de xaneiro do 2002, obtivo traballo relacionado co título nun 63% dos casos e o resto segue a estudiar noutros ciclos. É dicir, que máis da metade dos alumnos que superaron o Ciclo nese período ocupan un posto de Técnico en Comercio, as máis das veces nas mesmas empresas nas que realizaron as prácticas (FCT). ¿Queres saber que opinan os empresarios e alumnos? "Estamos muy satisfechos con el rendimiento de esta chica. Nos llama la atención la rapidez con que ha asimilado la terminología específica que se maneja en toda agencia de viajes." "La fase de prácticas es muy importante para que el alumno tome conciencia de lo que implica la venta al público, más aún en nuestro caso, al vender un producto "especial" en el sentido de que hay que ofrecérselo al cliente, no puede cogerlo directamente de un mueble expositor..." Susana López. Empresaria. Viajes Ecuador. Sarria. "Tiven empregados que non posuían titulación e, dende logo, non estaban preparados para este traballo". "...ó tratarse de termos, operacións,... que lles resultan familiares, saben aplica-las diferentes técnicas de venda, asimila-la información que lles proporciono, de xeito adecuado e rapidamente, e por suposto, saben tratar ós clientes." "Paréceme moi positivo o intercambio que facemos as empresas e os institutos a través das prácticas." Ana Prol. Empresaria. Mercería Ance. Lugo. "Agora doume conta, ó estar na empresa, da importancia do que se nos explicaba nas aulas." "A formación na empresa serve para coller soltura no trato co cliente, adquirir experiencia,... cada día síntome máis cómoda e máis segura de poder atender ben a un cliente cando entra na tenda."· Vanesa Vázquez. Alumna en prácticas. Mercería Ance. Lugo. "...nun mes que leva na tenda xa temos feito un pouco de todo e estou comprobando que ten unha base moi importante de coñecementos que lle permiten ampliar a súa formación, adquirir soltura,... de xeito moito máis rápido." "É a segunda vez que me uno a esta experiencia de axudar na formación de alumnos deste Ciclo de Comercio de Sarria, e en ámbolos dous casos está sendo moi positiva. De feito, sentín moito que a anterior alumna non renovase o contrato de traballo, aínda que me alegro de que decidise seguir estudiando." Asunción Arias. Empresaria. Marta´s. Sarria. "Me encanta mi trabajo. Tuve mucha suerte porque conseguí un contrato en la misma empresa donde hice las prácticas, y pienso que de otra manera no hubiese conseguido todo esto". "... estoy muy a gusto porque desde el principio la dueña de la tienda me apoyó, me hizo sentir cómoda y me fue dando cada vez más libertad: ahora ya decoro el escaparate, selecciono parte de la mercancía que se va a comprar, hago cambios en la distribución interna de la tienda,...". Ana Vanessa Vila. Técnico de Comercio. Empregada de Portada. Sarria. "Opino igual que a miña compañeira. Viña con medo, pero atopeime con que o que vimos nas clases tiña a súa aplicación na práctica, e ademais gústame moito calquera dos traballos que facemos na tenda. ¡Dende logo non temos tempo para aburrirnos!" Ana María Vázquez. Alumna en prácticas. Portada. Sarria. "Desconocía totalmente esta fórmula de las prácticas en empresa, y tengo que decir que fue una sorpresa muy agradable. Tres alumnas han pasado por mi negocio, y una de ellas ya está contratada desde hace casi un año. En los tres casos mi valoración es muy positiva." "Puedo ausentarme de la tienda con toda la tranquilidad que me da el saber que la dejo a cargo de gente preparada. Y es algo que puedo afirmar entre otras cosas porque así me lo transmiten mis clientes". "Ojalá pudiese contratar a más personal. Si fuese viable recurriría sin pensarlo a los técnicos de comercio que me ofrece el Instituto." Carmen Díaz. Empresaria. Portada. Sarria.
|
|
Módulo |
Contidos |
Horas |
|
Operacións
de almacenaxe |
Xestión do almacén, documentos das operacións de compravenda (facturas, albaráns, pedidos,...) |
110 |
|
Animación
do punto de venda |
Paquetería, escaparatismo, sistemas de venda, elección do surtido, distribución da tenda, publicidade, promocións... |
160 |
|
Operacións
de venda |
Técnicas de venda, tipos de clientes... |
160 |
|
Aplicacións
informáticas de propósito xeral |
Mecanografía, tratamento de textos, base de datos, folla de cálculo,... |
110 |
|
Lingua
estranxeira ou da Comunidade |
Inglés |
110 |
|
Administración
e xestión dun pequeno establecemento |
Busca de información, contabilidade, xestión de persoal, medios de pago... |
130 |
|
Relacións
no equipo de traballo |
Técnicas de motivación, técnicas para o traballo en equipo, formas de comunicación na empresa,... |
55 |
|
Formación
e orientación laboral |
Dereitos e deberes dos traballadores, normas de seguridade e hixiene, técnicas de busca de emprego,... |
55 |
|
Horas
a disposición do centro |
Adxúntanse os módulos de Animación e Almacenaxe |
70 |
|
Formación
en centros de traballo |
Prácticas en empresas do sector servicios |
440 |