|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
Departamento de Lingua e Literatura Galegas
Este Departamento de Lingua e Literatura Galegas está composto polas seguintes perosas: Juan Carlos Folgueira Díaz e Manuel Muñiz Besteiro (Xefe de Departamento). ACTIVIDADES Un dos principais Obxectivos do Departamento é amosar aos alumnos a realidade máis ampla posible, para iso á parte do que se fai nas aulas este Departamento ten pensado realizar para este curso as seguintes Actividades: - Confeccionar ou elaborar algún acto ou traballo sobre o autor a que se lle dedique o Día das Letras Galegas no vindeiro no ano 2007. - Paticiparemos no terceiro premio de narración no que participara o noso Instituto en colaboración con outros Departamentos, en especial cos de Linguas. - Traer a escritores ás aulas para que lles falen ós alumnos das súas obras. -Xunto con outros Departamentos realizaremos unha viaxe cultural a Santiago, para visitar, os museos de: Arte Contemporánea, museo do Pobo Galego, Parlamento de Galicia, e asistir, como vén sendo habitual, a representación dunha obra teatral do CDG. -Participar na carreira da lingua quese vén celebrando todos estes anos, xunto co Equipo de Normalización Lingüística. - Colaboración co departamento de Inglés para traer un grupo de "contacontos galego-inglés". -Colaboración coas actividades da biblioteca: presentación de videos literarios (exemplo: Manuel María,...), invitación a persoeiros da cultura que impartan charlas sobre arte e literatura. |