|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
|
GREGORIO FERNÁNDEZ
ORIXE
SARRIÁ Desde
que Palomino apuntara que Fernández era «natural do reino de Galicia»
intentouse o alcance do aserto. Ceán Bermúdez quixo precisar máis: «naceu en
Galicia, o ano 1566 e hai quen asegura que foi en Pontevedra». Diversos
eruditos lanzáronse á tarefa de localizar a familia de Fernández, para o cal
é escollo importante o común do apelido. O
retrato de Gregorio Fernández ostenta un letreiro, no que consta tamén o ser
natural do reino de Galicia. O retrato non foi feito para ser colocado xunto á
sepultura, feito insólito, senón que debeu de ser levado tardiamente, cun afán
conmemorativo. Neste retrato tamén se apunta a súa orixe galega. Luis de
Castro, observando o rostro, advirte caracteres inequívocos de raza céltica,
argumento que convén ter presente. As faccións tan prominentes, sobre todo as
fazulas, acreditan tales rasgos. Que
fora natural de Galicia é un feito irrebatible. Pero convén saber qué supón
o ser natural. Para Alonso Cortés, natural é sinónimo de oriundez e non entraña,
necesariamente, nacemento. Cervantes nacera en Alcalá de Henares, e nun pleito
dise « natural» de Córdoba, lugar de procedencia dos seus avós. A
liñaxe galegade Fernández é incuestionable; de alí procede a familia. Cuestións
a determinar son, se naceu en terras galegas e en qué lugar. A afirmación de
que fora pontevedrés motivou intentos por fixar a familia nesta cidade, sendo
de mencionar entre os valedores desta suposición Bouza-Brey e Filgueira
Valverde. Apoianse en Pérez Costanti, quen localiza un Gregorio Fernández en
Sarria (Lugo). A teoría de que Gregorio Fernández procede de Sarria
foi gañando posicións cada vez máis firmes. Pérez Costanti documenta ó
entalador Gregorio Fernández en Sarria,
encargándose de facer en 1571 unha escultura de San Lázaro para a parroquia
deste nome, aventurando con isto que sería o pai do escultor. Agapito e Revilla
cre decididamente que hai que considerar a Sarria
como o lugar de procedencia de Fernández, valorando un argumento que se
desprende do testamento de María Pérez, viúva de Fernández, redactado en
1661. Declara que o seu marido deixara unha manda testamentaria, consistente en
cento cincuenta reais para unha igrexa de Sarria,
de cuxo nome non se lembraba, cantidade que non entregara e que ordenaba aboar.
Indica Agapito que é explicable que a viúva non lembrara exactamente a qué
parroquia de Sarria se refire, xa que Fernández puido nacer nunha das diversas
feligresías correspondentes a dita localidade. Un
recente artigo do profesor Plaza permite puntualizar a orixe de Fernández en Sarria,
e moi probablemente o mesmo nacemento. O 3 de xaneiro de 1621, Bernardo de
Salcedo, cura párroco da igrexa de San Nicolás, de Valladolid, fai o
ofrecemento dunha escultura do Ecce Homo, do seu propiedade, á confraría
do Santísimo Sacramento e Ánimas de Valladolid, a cal se atopa actualmente na
igrexa de dito nome. O donante solicita en reciprocidade misas, que quería
facer extensivas a «Gregorio Hernández, escultor, veciño de dita cidade
[Valladolid ], natural da vila de Sarria,
que fixo a imaxe». Aínda que ó termo «natural» se lle podería dar o
sentido de oriúndez, apréciase
neste caso unha maior intención de precisar o nacemento. Por outro lado, parece
fóra de dúbida que sexa á vila de
Sarria, da provincia de Lugo, á que se faga referencia, pois nela
localízanse artífices do gremio, e moi especialmente ese Gregorio Fernández,
entalador, que sería o pai do noso escultor.
J. J. MARTIN GONZALEZ (“El escultor Gregorio Fernández”)
|