|
Desafío Matemático:
DESCRIPCIÓN:
Trátase dun torneo de resolución de problemas matemáticos dos máis diversos tipos (lóxica, numéricos, xeométricos…), para os que non se precisa unha gran base matemática, só ganas de pensar un pouco e xogar moito.
PARTICIPANTES:
Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES Leliadoura (alumnos, profes, nais e pais, PAS) agás os membros do departamento de Matemáticas.
ESTRUCTURA:
O torneo consistirá nunha tanda de catro problemas semanais, que se poderán facer donde e cando se queira dentro dos prazos sinalados, e unha derradeira xornada, que será presencial, nun lugar e data determinados e con límite de tempo.
CALENDARIO:
|
XORNADA
|
DATA DE PUBLICACIÓN
|
PRAZO DE ENTREGA
|
|
1ª XORNADA
|
31 DE MARZO
|
31/03/08 ATA 07/04/08
|
|
2ª XORNADA
|
7 DE ABRIL
|
07/04/08 ATA 14/04/08
|
|
3ª XORNADA
|
14 DE ABRIL
|
14/04/08 ATA 21/04/08
|
|
4ª XORNADA
|
21 DE ABRIL
|
21/04/08 ATA 28/04/08
|
XORNADA PRESENCIAL: Principios de Maio, en data que se avisará.
ENTREGA:
Os problemas recolléranse cada semana na conserxería.
A solución de cada problema irá por separado, en folios, encabezados polos datos de cada concursante (nome, grupo e curso) e os números da xornada e do problema.
Será entregado na Sala do profesorado, preferiblemente a algún profesor do departamento de Matemáticas.
CLASIFICACIÓN:
Fáranse públicos os resultados de cada xornada: CLASIFICACIÓN DA XORNADA e globais: CLASIFICACIÓN XERAL.
XURADO:
Estará composto polos cinco profesores do Departamento de Matemáticas.
PREMIOS:
Premios absolutos: ós tres primeiros clasificados.
Premios por categorías:
1º clasificado 1º CICLO ESO
1º clasificado 2º CICLO ESO
1º clasificado non alumno.
Premios á regularidade: Pequeño agasallo a tódolos concursantes que participen activamente en tódalas xornadas.
|