ies Pintor Colmeiro

Esta semana
destacamos:

Blog de Adultos
Bos resultados...



> EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS:

Ensinanzas básicas

Non son poucos os casos de pais ou nais que queren axudarlles a estudar aos seus fillos pequenos e que confesan non sentirse cómodos á hora de facelo; por outra parte, cada vez hai máis persoas maiores que manifestan estar interesadas en aproveitar o seu tempo de ocio para, por exemplo, aprender a navegar por Internet, e nin sequera nos chama hoxe a atención que unha persoa inmigrante veciña nosa queira aprender a escribir en galego ou español. Para todas estas persoas, e para moitas máis, hai unha actividade que se desenvolve no IES Pintor Colmeiro e á que lle chamamos curso de ensinanzas básicas.

Nestes últimos anos estámoslle engadindo ao horario destinado ás ensinazas básicas algunhas sesións de traballo nas aulas de informática e de audiovisuais do centro, pois consideramos que as novas tecnoloxías son hoxe por hoxe un elemento máis da formación básica de calquera persoa. A matrícula para estas actividades está aberta durante todo o curso.

Graduado en educación secundaria para persoas adultas

Dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen obter esta titulación.

Programa de garantía social

Os programas de garantía social teñen como finalidade esencial a recuperación dos alumnos/as que non acadaron os obxectivos do ensino obrigatorio. Proporcionan unha formación básica e profesional que lles permite incorporarse á vida activa e proseguir estudos na F.P de grao medio ou no nivel III de educación de adultos. O alumnado pode acceder á F.P a través dunha proba de acceso. Poden cursar un programa de garantía social os alumnos e alumnas que teñan entre 16 e 21 anos de idade.

Outras actividades

O IES Pintor Colmeiro desenvolve ao longo de todo o curso un programa de actividades de iniciación ás novas tecnoloxías. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que queren dar os seus primeiros pasos no mundo da informática.

 

 

 

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos | 24 de xaneiro do 2005 | IES Pintor Colmeiro