Estimados Pais e Nais dos alumnos do 4º curso da ESO:
Despois dos primeiros contactos co alumnado imos levar a diante a viaxe a Italia correspondente o actual curso 2009/10O prezo da viaxe por alumno e de 640 Euros e farase todo en avión tanto a ida como a volta.
Para facilitar o seu pagamento establecemos os prazos seguíntes:
1º Pago de 100 euros antes do 30 de novembro de 2009 (Inscrición)2º pago de 180 euros antes.do 31 de decembro de 20093º pago de 180 euros antes do 28 de febreiro do 20104º pago de 180 euros antes do 28 de marzo do 2010
O número da conta bancaria “Asociación Xuvenil Aletheia do IES Sánchez Cantón: CAIXANOVA 2080/0406/90/0040131829.Indicar o nome completo do alumno e “2º, 3º ou 4º pago da viaxe cultural a Italia 2008”.Os alumnos que pertenzan o ANPA “ O verxel “ do Instituto descontarán 15 euros no último pago.E os alumnos que desexen facer o a pago enteiro ou en dous prazos tamén poden facelo.O programa da viaxe queda aproximadamente establecido da seguinte maneira:Sábado: 03.04.10: VIGO-MADRID-ROMA
Saída ás 04:45 horas da Capela de San Roque en Autobús cara a aeroporto de Peinador en Vigo. 06:45 horas saída cara a Madrid.11:40 horas saída cara a Roma (Fiumicino). Chegada a Roma ás 14:00 horas.
Visita Panorámica a pé: Praza de Venecia .Plaza do Capitolio. Panteón. Praza Navona. Montecitorio. Fontana di Trevi. Tempo libre. Cea e traslado ao hotel.
Domingo:04.04.10: ROMA
Almorzo no hotel.Panorámica en autocar con guia local, basílicas e Coliseum. Tempo libre e comida. Pola tarde visita a San Petro in Vincoli e Foros imperiais. Tempo libre cea e aloxamento.
Lúns:05.04.10:ROMA
Almorzo no hotel, visita á cidade do Vaticano.Museos con guía local.Basílica e suba á cúpula do Vaticano.Tempo libre e comida.
Tarde: Visita basílica de Santa María Maiore, igrexa de María de la Vitoria e Praza de España. Tempo libre. Cea e Aloxamento.
Martes:06.04.10:ROMA-SIENA-FLORENCIA
Almorzo Y Saída cara a Siena, visita panorámica da cidade, praza do Campo, Duomo etc. Comida.
Tarde: Saída cara a Florencia, visita con gúia local, incluíndo a Galería e museo da Academia. Tempo libre, cea e aloxamento no hotel.
Mércores:07.04.10: PISTOIA-PISA-FLORENCIA-VENECIA.
Almorzo e partida en autobús cara a Pisa,visita panorámica da cidade, visita de Pisa, praza dos milagres, Duomo, Baptisferio e Torre inclinada.Seguímos en bus a Florencia. Chegada a Florencia e visita das capelas mediceas, mercado de San Lorenzo, praza da Signoría, Ponte Vechio e praza de Santa Croce. Tempo libre.
Tarde: Chegada a Bolonia, e visita da cidade. Salida hacia o Venetto. Cea e Aloxamento.
Xoves:08.04.10: VENECIA.
Almorzo no hotel, chegada en vaporetto á praza de san Marcos, visita panorámica da cidade e percorrido ata Rialto e Praza de Roma, Ponte dos suspiros etc. Regreso en vaporetto Público por o grande canle. Tempo libre e comida.
Venres 09/04: VENECIA-MADRID-VIGO.
Saída voo de Venecia ás 12:20, chegada a Madrid ás 14,45 horas. Saída de Madrid ás 15, 45 e chegada a Vigo ás 16:50 horas. Autobús a Pontevedra con parada final na capela de san Roque.NOTAS DE MOITO INTERÉS:.- D.N.I., asegurarse de que non esta caducado. Ir acompañados dun pai/nai co libro de familia a comisaría de policia (rúa Joaquín Costa) e solicitar o permiso de menores para saír do país.- Se teñen o PASAPORTE INDIVIDUAL en vigor, entón, xa non fai falta este permiso de menores.Para solicitar o pasaporte levar o libro de familia o D.N.I. e unha foto do alumno/a. O alumno tén que ir acompañado dún dos seus pais.- A viaxe conta cun seguro específico de viaxes, pero e convinte levar a tarxeta sanitaria da seguridade social o a dun seguro privado, solicitar entonces a tarxeta sanitaria europea, nas oficinas da seguridade Social, rúa Gagos de Mendoza de Pontevedra.- Os alumnos que teñan un seguro privado e queiran conseguir esta tarxeta sanitaria europea, deberán aportar a seguínte documentación nas oficinas da seguridade social:1)DNI (no fotocopia)2)NUSS(no fotocopia)3)Certificado expedido pola Secretaría do Instituto conforme teñen pagado o menos dous anos do seguro escolar.4)Certificado , expedido pola Secretaría do Centro de que a viaxe a realizar e unha actividade programada polo IES “Sánchez Cantón” coma viaxe de estudos.-A cantidade aproximada para xantar do mediodia e de 10 Euros ( Pizzas, bocadillos, froitas, bebidas etc).Dependendo do número de alumnos inscritos irán dous ou tres profesores:
REUNIÓN SOBRE A VIAXE O XOVES DÍA 5 DE NOVEMBRO AS 20:00 HORAS NO PARANINFO DO INSTITUTO
Pontevedra a día 21 de outubro de 2009 O Vicedirector Eladio Otero López