Acto de graduación da 165 promoción dos alumnos de 2º de Bacharelato do instituto "Sánchez Cantón" de Pontevedra.
O pasado venres día 21 de maio celebrouse o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato pertencentes á 165 promoción deste instituto.
O acto estivo presidido polo xefe territorial D º Cesar Pérez Ares, o Inspector D º Carlos Rábade Pallares, o director do instituto Sánchez Cantón D º Rafel Táboas Pastor, o presidente do ANPA D º José Manuel Sánchez Moure e resto do equipo directivo do instituto composto pola secretaria, vicedirector e xefe de estudos.
O alumnado estivo acompañado dos pais e familiares directos así como de amigos, alumnos doutros cursos e resto do porfesorado do instituto polo que o paraninfo se quedou moi pequeno, pero non por iso estivo para nada deslucido o acto, senón todo o contrario brillante e moi entrañable.
O acto comezou coa interpretación do "Gaudeamos Igitur" por parte dunha sección Infantil do coro "Ultreia" de Pontevedra composto por 25 nenos, palabras de benvida por parte do xefe territorial, visualización dun audiovisual realizado polo alumnado con fotos e vídeos de todo o paso da maior parte dos alumnos polo instituto durante os 5 últimos anos, palabras do director, manifesto dos alumnos, repartición das orlas por parte dos profesores titores, entrega de mención honorífica con diploma e banda de "excelencia académica" para 12 alumnos brillantes, e pechou o acto o xefe territorial D. Cesar Pérez Ares o cal e a xeito de despedida desexou todo tipos de bos augurios aos alumnos no novo periplo que inician nas súas vidas unha vez que abandonan o instituto.
Unha vez finalizado o acto o alumnado e algúns profesores asistiron a unha cea nun céntrico hotel da cidade, continuando despois cunha longa reunión nalgúns locais da cidade de Pontevedra.
Pontevedra a 24 de maio de 2010
O Vicedirector
Eladio Otero López