OBRADOIRO PARA FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DA ESO

Tags:

 

XOVES 11 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 NA BIBLIOTECA

Presentarase o espazo virtual  PORTO SEGURO destinado ás familias dos alumnos e alumnas de 1º da ESO no que dispoñemos dun foro, materiais educativos, consellos para o desenvolvemento das tecnolxías da información e a comunicación, reflexións e recomendacións de lecturas e outros eventos culturais.

Nas sesións presenciais dunha hora que terán lugar cunha periocidade mensual repartiránse as MOCHILAS VIAXEIRAS, adentrarémonos na páxina e recursos virtuais do centro, e  falaremos dos servicios da Biblioteca.

Non fai falla anotarse en ningures.

Esperámosvos