SEMANA BRANCA NO CURSO 2010-2011

Tags:

 

ALUMNOS DO IES "SANCHEZ CANTON" REALIZARÁN DO 14 AO 18 DE FEBREIRO UNHA SEMANA BRANCA NA ESTACIÓN DE ESQUÍ DE SAN ISIDRO EN LEÓN.

Preto de 50 alumnos do 1º curso da ESO do IES "SÁNCHEZ CANTÓN" de Pontevedra, viaxarán dende o día 14 ao 18 de febreiro á estación invernal de San Isidro en León para realizar unha semana branca dedicada integramente a practíca do esquí alpino,donde asistirán a clases de esquí con monitores titulados da escola de San Isidro e alternarán con outras actividades, como a visita a León e outras culturais próximas á estación como a que se realiza o Torreón  de Puebla de Lillo, museo de faúna salvaxe, prácticas con trineos é sárténs e algunhas actividades máis das denominadas de tempo libre. Dáse a circunstacia de que é esta a 7ª vez que o IES "Sánchez Cantón" participa neste programa de semanas brancas dedicadas aos alumnos do primeiro ciclo de secundaria.

Esta actividade, proposta polo equipo directivo do "Sánchez Cantón", e auspiciada polo departamento de educación física, está como é lóxico, aprobada polo consello escolar do centro  e  é considerada como unha actividade moi interesante por todas os connotacións formativas que achega aos escolares do primeiro ciclo da secundaria obrigatoria.

 O alumnado viaxará acompañado pola profesores, Dª. Eva González, D º Francisco Pérez, por D º Carlos Besada e por monitores de tempo libre da empresa "Paravén". Estarán aloxados no centro hoteleiro de "La  Braña"situado a 500 metros da estación de San Isidro de Léon, a cal fai fronteira coa vertente asturiana de "Las fuentes de invierno".