Galeria do IES Sánchez Cantón

Galería de imaxes


Home :: Login
Ir á web :: Album list :: Last uploads :: Last comments :: Most viewed :: Top rated :: My Favorites :: Search

Search results - "adro,"
adro.jpg
Adro da Igrexa de Buciños (Lugo)12 viewsO adro era ao mesmo tempo o cemiterio, a igrexa e tamén onde repousaban os devanceiros, polo que era terra sagra (sagrada): Deus e os defuntos. De aí as reixas, así cando as botas e zocos saían do adro (sobre todos nos días de choiva tan abundantes) deixaban no buraco inferior a terra sagrada que levaban pegada.
Nesta igrexa de Buciños vese o adro ben cerrado por un muro e a reixa, que agora está medio abandonada e chea de follaxe (foto do 29-10-08) ... hai anos estaría ben limpa...
peto_trasardecarballo.jpg
Peto das ánimas de Trasar de Carballo, Lugo,. Imaxe do 28-10-0850 viewsResulta que as parroquias galegas tiñan a igrexa nunha das aldeas ou mesmo soas xunto á rectoral. Antes os cemiterios eran no adro, arredor da igrexa. Moitos lugares quedaban pois a certa distancia dos seus defuntos. Pero a crenza nas ánimas e a necisidade de rezar por eles, de telos perto foi a causante de que en moitas aldeas, crueces de camiños ... se construísen petos das ánimas para que a xente puidese rezarlles aos seus e deixar as esmolas. En moitas aldeas era o único espazo comunitario e respectado.
   
2 files on 1 page(s)