| Search results - "día" |

A cámara do peixe4 viewsAlmacenamento dos produtos que non se venderon e que se gardan nas cámaras para outro día. No mercado hai dúas para o peixe.
Isabel Silva Codina
|
|

A barca23 viewsVelaquí a barca que todos teremos que tomar algún día cando Caronte teña un momento para nos pasar ao outro lado da lagoa… mentres…
|
|

Adro da Igrexa de Buciños (Lugo)12 viewsO adro era ao mesmo tempo o cemiterio, a igrexa e tamén onde repousaban os devanceiros, polo que era terra sagra (sagrada): Deus e os defuntos. De aí as reixas, así cando as botas e zocos saían do adro (sobre todos nos días de choiva tan abundantes) deixaban no buraco inferior a terra sagrada que levaban pegada.
Nesta igrexa de Buciños vese o adro ben cerrado por un muro e a reixa, que agora está medio abandonada e chea de follaxe (foto do 29-10-08) ... hai anos estaría ben limpa...
|
|

Almanaque19 viewsNas cociñas das aldeas galegas é onde se fai a vida diaria: comer, ver a tele, botar a sesta no banco, falar dos problemas... E na cociña sempre hai un ou dous almanaques. En moitas casas vese que o almanque que regula a vida durante o ano é o que agasalla a funeraria de confianza. Non dá grima, non é mal presaxio, todo o contrario, sábese que en calquera momento se necesita. Ata hai pouco a iconografía era un santo, unha inmaculada, un sagrado corazón... agora chegou a modernidade, dous gatiños.
|
|

Carpideiras32 views"En la fotografía aparece, ante un grupo de plañideras (mujeres pagadas para llorar en un velatorio), Francisco, 37 años, uno de los hijos que sobrevivieron a la Guerra Civil, mirando a su padre muerto. "Por favor no lo pongáis en el reportaje, podrían catalogarlo como antifranquista: dos hijos asesinados y otro muerto en combate, Francisco estuvo perseguido, en la cárcel, y se le sigue buscando", rogó en sus notas, escritas a escondidas de la Guardia Civil, el fotógrafo W. Eugene Smith ..."
|
|

Castañeiro ante a porta principal do cemitrio de Pereiró. Vigo4 viewsCemiterio de Pereiró. Vigo.1-11-2008
|
|

O congro: "se o levaramos pa Monforte"14 viewsIsto foi o que dixo unha das mulleres que subastaba os productos, pola pouca aceptación que tivo o congro ese día. Esta foto foi tomada na poxa.
|
|

Unha foto para o Diario de Pontevedra22 viewsNa foto vense a dous clientes que se coñecen dende fai moito tempo e quedan todos os días pola mañan para daren xuntos unha volta polo mercado e mercar productos para o seu fogar. Esta información déronola tras posar para a fotografía e pedíronnos bromeando que o paradeiro da foto fora o Diario de Pontevedra.
|
|

cobradora18 viewsNa foto vese a cobradora dunha das empresas que venden os alimentos na puxa aos vendedores.Ela cobraba e apuntaba as cantidades de producto vendido e a quen llo vendía.
foto de Silvia Agís García
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya. Detalle 14 viewsPlaca con lembranza e salmo aos pés da estatua do panteón da familia Jiménez Montoya. San Mauro. Pontevedra
Fotografía realizada o 1-11-2008
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya. Detalle 53 viewsLongo epitafio, na Grecia antiga característico de familias poco cultas, en placa adxunta ao panteón, con certos aspectos coloquiais e redación algo descoidada.
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya. Detalle 45 viewsColorido ornamento floral, cheo de mensaxes de cariño. Un bo contraste coas imaxes da serie" Esquecidos".
Un grande consumo de flores, enerxía, auga. A quen beneficia, ao morto, á parroquía dos vivos, aos achegados?
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya. Detalle 33 viewsNa parte superior da porta de acceso ao panteón indícase a propiedade do mesmo, enriba mensaxe acorde coa literatura funeraria de base relixiosa.
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

O día de defuntos convértese en noticia10 viewsCámaras da Televisión Galega entrevistando a unha vendedora de flores na entrada do cemiterio de Pereiró. Vigo.
Nos diferentes medios aparece sempre reflectido a celebración deste día.
1-11-2008
|
|

Esquelas portuguesas32 viewsTodas moi uniformes e todas con foto. A salientar a que aparece co nome destacado de Café Nevoeiro no lugar do nome do defunto. Repítese o mesmo na esquela inferior. Estes son exemplos de esquelas nas que se aproveita para publicitar algo.
Diário de Notícias do 14-11-08
|
|

Familia Giménez. Detalle 33 viewsAs inscripcións nas placas seguen os patróns acostumados na literatura funeraria, agás quizais "te quiero papá"
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Familia Giménez. Detalle 25 viewsA data da morte aparace en tódalas tumbas desde xa fai tempo. Estas ademais están moi ornamentadas e con fotografías do defunto/a.
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Familia Giménez. Detalle 115 viewsJuan Giménez indicaba " un poco más cerca, que se vean bien las fotos"
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Familia Giménez ante o panteón familiar.5 viewsJuan Giménez estivo de acordo en que se fixeran estas fotos e engadiu: "Sería un punto que me enviase las fotos. Es que para nosotros esto es muy rigoroso"
Deunos a súa direción para que llas mandemos.
O resto da familia preferiu non sair na foto.
Cemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|

Panteón da familia Jiménez Montoya. Detalle 26 viewsCemiterio de San Mauro. Pontevedra. 1-11-2008
|
|
| 34 files on 2 page(s) |
 |
1 |  |
|