Portada
Situación
Obxectivo
Instalacións
Funcionamento
Actividades
Proxectos
Servizos
Galego Español  
Alumnado Organigrama Pedagóxico Etapas Educativas Metodoloxía Areas Curriculares

AREAS CURRICULARES

Os obxectivos xerais expresan as finalidades e capacidades que se desenvolverán na intervención educativa, ó longo de tóda a etapa. Concrétanse e especifícanse no conxunto de aprendizaxes articulados que constitúen as TRES AREAS CURRICULARES , ou ámbitos de experiencia persoal e social:

  • Area do Coñecemento corporal e construcción da identidade.
  • Area do Coñecemento e participación no medio natural, social e cultural.
  • Area da Comunicación e Linguaxe.

Os BLOQUES que integran cada área son os seguintes:

COÑECEMENTO CORPORAL E CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE

  1. Identidade Personal:Coñecemento do corpo, configuración da propia imaxe personal e aceptación.
  2. Habilidades e destrezas perceptivo-motrices. Control postural, marcha, equilibrio, coordinación, manipulativa e lateralidade.
  3. O Xogo e predeporte.
  4. Hábitos: Coidado personal, alimentación e vestido.

COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

  1. Usos e formas de Comunicación.
  2. Sistemas de comunicación, instrumentos e técnicas.
  3. Comunicación escrita: Lectura e escritura.
  4. Expresión plástica, musical e corporal.
  5. Cognición: relacións, medida e representación no espacio.

COÑECEMENTO e PARTICIPACIÓN NO MEDIO FÍSICO E SOCIAL

  1. Os entornos próximos: persoas, grupos e hábitas.
  2. Elementos do entorno físico.
  3. Obxectivos e instrumentos de uso social e cotiá.
  4. Convivencia e participación social.
  5. Novas Tecnoloxías.

Os contidos e obxectivos trabállanse en función dos alumnos e das súas posibilidades, e deste xeito, pódense secuenciar.

Tómanse os contidos máis apropiados para cada alumno e aula, atendendo a súa idade, estado de saúde, nivel de desevolvemento global, competencia cognitiva e previsións axustadas do futuro, e así, planificamo-la secuencia e actividades correspondentes.

En canto ós contidos referidos a feitos e conceptos, dámoslle preferencia á experimentación da riqueza dos entornos e actividades cotiáns.


Centro de Educación Especial CARMEN POLO (c) 2004,2008