| 
 
 
 
 | 
 
 CARREIRA  
POPULAR   
SAN   MARTIÑO 
2006   -  
QUIROGA     
O  pasado domingo 12 de
Novembro de 2006 celebrouse na vila de
Quiroga unha nova edición da Carreira Popular do San Martiño, a cal acudimos
dende o colexio uns 30 participantes para tomar parte nunha nova proba de carácter
popular da zona, o que demostra que cada vez hai un maior interés por este tipo
de actividades que fomentan o deporte de base e o mesmo tempo dan unha
alternativa de ocio a todos os nenos, independientemente de sexa cal sexa o seu
nivel competitivo.       Por eso, dende o colexio non podemos deixar de dar as
gracias tanto os nenos participantes como tamén os pais que alí estiveron, sin
esquecernos dos membros da organización, personificados na persona de ANDRÉS,
que co seu ben facer facilitou a labor de todos nós.     En  canto os
resultados , todos tiñeron un destacado papel, pero aquí vamos a facer mención
os que entraron en posición de podium, é decir, aqueles que levaron trofeo:     Na categoría CHUPETE, o alumno JOSÉ CASTRO acadou a
SEGUNDA POSICIÓN e NICOLÁS DÍAZ acadou a cuarta posición.     Na categoría PRE-BENXAMÍN FEMENINO, CLAUDIA VIRGINIA PEÑA
foi a gañadora absoluta, o que demostra o gran fúturo atlético desta nena,
pois casi está saíndo a victoria por proba.     Na categoría BENXAMÍN FEMENINO, a gañadora foi a
alumna RAQUEL SANTOS.     A categoría de ALEVÍN FEMENINO foi a que máis éxitos
deparou a expedición da Gándara, xa que FÁTIMA GARCÍA GARZA ocupou a
PRIMEIRA POSICIÓN, e ANA ANTONIA JAVIER a SEGUNDA POSICIÓN.       Asimismo tamén foi moi exitosa a participación
en ALEVÍN FEMENINO  con MIGUEL GARCÍA
GARZA entrando na primeira posición e polo tanto, resultando gañador da proba.     Tamén DIEGO VÁZQUEZ PÉREZ ocupou un meritorio SEGUNDO
LUGAR na carreira INFANTIL MASCULINO, sendo derrotado ante un alumno moito maior
ca él.     Por último, o profesor FELIPE BARATA gañou a categoría
de VETERANOS A (35-44 anos). En total o colexio “A Gándara” tivo un total de oito trofeos, dos cales 5 foron gañadores nas súas respectivas categorías. Aparte diso, a xornada estivo caracterizada polo bo tempo e polas ganas de todos a seguir participando neste tipo de probas. 
 Participantes do CEIP "A Gándara" no Cross. 
 
 Esperando a saída. 
 Correndo no Cross. 
 
 Felipe Barata, profesor de Educación Física, tamén participou no Cross. 
 
 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |