|
|
III
CROSS DO
MAGOSTO
O pasado venres 3 de Novembro
de 2.006 celebrouse no colexio de “A Gándara” a III edición do cross do MAGOSTO, que
nesta ocasión
tivo un carácter
autenticamente excepcional, xa que
contamos ca presenza do campión do Mundo e campión de Europa de maratón MARTÍN
FIZ, que ca súa humildade e a súa simpatía cos nenos e nenas demostrou se un
gran campión tamén no trato humano. A xornada comezou pola mañá ca visita de Martín por todas
as clases do colexio, agasallando a todos os nenos cunha foto súa asinada por el, ademais de darlles algúns consellos ós nenos
cara a carreira que se ía celebrar á tarde. Anterioriamente se lles entregara unha
revista de atletismo donada pola propia entidade da cal é director, o que ben a
engrandecer aún máis a figura deste gran atleta. A continuación celebrouse no edificio Multiusos de
Monforte unha conferencia sobre o deporte na educación que deu o propio atleta
os nenos de 5º e 6º de Primaria de todos os centros educativos de Monforte. E por fin, pola tarde celebrouse o evento máis esperado
por todos, o MARATÓN DO MAGOSTO, no cal o propio atleta alentou e animou a todos
os participantes cos seus sabios consellos. Ademais tivo a xentileza de correr
cos máis pequenos e axudarlles no seu esforzo. As clasificacións das carreiras foron as seguintes:
PREBENXAMÍN MASCULINO: 1º- BRUNO RODRÍGUEZ 2º-FRAN ALBA 3º-XACOBO FOUCES
PREBENXAMÍN FEMININO: 1º- CLAUDIA VIRGINIA PEÑA 2º- ALDARA OTERO 3º- SHEILA VÁZQUEZ
BENXAMÍN MASCULINO: 1º- JOEL DA SILVA 2º- MARCO TOUZÓN 3º- EWRY CUEVAS
BENXAMÍN FEMININO: 1º- SALETA FERNÁNDEZ 2º- ALBA RODRÍGUEZ 3º- SONIA RODRÍGUEZ
ALEVÍN MASCULINO: 1º- DIEGO VÁZQUEZ. 2º- MIGUEL GARCÍA. 3º- MARCOS PÉREZ.
ALEVÍN FEMININO: 1º- CINTIA CARNEIRO 2º- MARÍA TABOAS. 3º- FÁTIMA GARCÍA. Esperemos que esta carreira e a presenza do mítico atleta Martín Fiz sirva
de estímulo cara a participación de
tódolos nenos en próximas carreiras atléticas que se veñan desenvolvendo na
zona, ademais de fomentar todo tipo de práctica deportiva. O mesmo tempo no colexio celebramos un concurso de redacción e debuxo sobre
a figura deste gran atleta, e os gañadores foron os seguintes: 2º CICLO: DEBUXO- ANTÍA FERNÁNDEZ REDACCIÓN- ANA PÉREZ CABO 3º CICLO: DEBUXO- ISAURA PEREIRO REDACCIÓN- PAULA HERNÁNDEZ
|
CEIP "A GÁNDARA"
|