Principal Mapa do sitio

CROSS MAGOSTO 09


Atrás Arriba

 SAMAIN 09 IMAXES CROSS 09     

 

 

 

 

ABAIXO

 

 VI CROSS DO MAGOSTO 2009. A GÁNDARA

 

O xa tradicional Cross do Magosto se celebrou este viernes 6 de Noviembre nas instalacións do colexio A Gándara de Monforte de Lemos. No mesmo participaron un total de 250 atletas de categorías inferiores, e tamén este ano como novidade, houbo unha notable representación de profesores que se decidiron a participar, e deste xeito, dar unha nota de coor e de exemplo de boa práctica deportiva para todos os alumnos do colexio.

O obxectivo básico do Cross do Magosto non é outro que o fomento do deporte e da actividade física, sobre todo entre os atletas menores, xa que eles son o fúturo de deporte de competición, e polo tanto, un dos sectores que máis hai que cuidar e ter en conta a hora de planificar calquer evento deportivo.

Debido o éxito que este ano alcanzou a proba de docentes, para o ano, dende a organización temos pensado crear unha nova categoría para o vindeiro ano: a de pais e nais de todos os atletas, co cal o número de participantes e de sectores implicados na proba medrará aínda máis.

Todos os atletas que participaron na carreira levaron unha medalla conmemorativa e o mesmo tempo os tres primeiros clasificados de cada categoría levaron o seu correspondente trofeo.

Os resultados das distintas categorías foron os seguintes:

 

CATEGORÍA PRE-BENXAMÍN MASCULINO

 

1º- Ramón González

2º- Tiago Costa

3º- Héctor Rodríguez

 

CATEGORÍA PRE-BENXAMÍN FEMENINO

 

1º- Erika Diana

2º- Uxía López

3º- Uxía Martínez

 

CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINO

 

1º- Alex López

2º- Xacobo Fauces

3º- Alejandro Fernández

 

CATEGORÍA BENXAMÍN FEMENINO

 

1º- Lidia Patricia

2º- Nayara Figueiras

3º- Izi Vázquez

 

CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO

 

1º- Bruno Rodríguez

2º- Brais López

3º- Javier Fauces

 

CATEGORÍA ALEVÍN FEMENINO

1º- Sheila Vázquez

2º- Aldara Otero

3º- Claudia Peña

 

En canto a categoría de profesores, os gañadores foron Gonzalo José Díaz en categoría masculina, en canto Nazaret Méndez, Anuncia Vázquez e Paz Ojea firmaron o podium en categoría femenina.

Dende a organización queremos valorar positivamente unha vez máis a VI edición do Cross do Magosto, unha proba xa tradicional no enclave deportivo monfortino, e que serve como punto de partida para a tempada atlética de campo a través que se desenrola en toda a provincia.

 

ARRIBA

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010