CAMPEONATO
PROVINCIAL DE CROSS - LUGO 2009.
Tras as pertinentes
fases comarcais (preparatoria e clasificatoria), celebrouse en Lugo o
Campionato Provincial de Campo a Través, unha proba na que se reuniron
os mellores atletas de toda a provincia. O campionato foi no parque
anexo a Feira de Exposicións de Lugo, e disputouse nun circuíto
prototipo perfecto para esta disciplina, é dicir, en herba con moito
barro, con auga e cun día con moita auga e frío.
Os resultados da
Gándara foron excepcionais, cun total de 3 podios, sendo o mellor equipo
en canto a resultados de toda a zona sur. No apartado individual, cabe
destacar o subcampionato na categoría benxamín de BRUNO RODRÍGUEZ, un
atleta que no seu primeiro ano no mundillo do atletismo está a destacar
en cantas probas participa e que ten un excelente futuro neste deporte.
Tamén destacaron nesta mesma categoría dúas clásicas da categoría de
menores: Claudia Peña e Aldara Otero, cuarta e sétima na súa categoría
respectivamente. Estas actuacións, xunto coas de Damián Méndez, Alex
Díaz e Marta Martínez fixeron que o equipo de A Gándara ocupara o
terceiro posto, e polo tanto medalla de bronce na categoría de BENXAMÍN
MIXTO, por detrás dos dous equipos de Franciscanos, o gran dominador na
categoría de menores do atletismo provincial.
O outro gran momento
da xornada chegou ca magnífica actuación do equipo ALEVÍN FEMENINO, que
acadou o SUBCAPEONATO PROVINCIAL, quedando a un só punto do gañador, o
FEFEME TRIATLÓN, o que lles asegura o seu pase o Campionato Galego
Escolar, onde estarán os 8 mellores equipos de Galicia. O equipo estivo
formado por Alba Rodríguez, Saleta Fernández, Raquel Santos, Sonia
Rodríguez e Denise Díaz, unha xeneración que ve recompensada desta
maneira o magnífico traballo que fixeron o longo destes anos, e que
esperemos que teña continuidade no futuro.
O próximo fin de
semana o equipo da Gándara atletismo estará en dous frontes: o
Campionato Galego de Campo a Través federado en Ourense e nunha nova
proba do Corre con Nós en Lugo.