|
ABAIXO
Aproveitando a
festividade do día de San Martiño, inaugurouse no CEIP "A Gándara" a
Primeira Fase de Acondicionamento do Patio Escolar, consistente na
delimitación de espazos para diferentes xogos e sinalización destes,
axardinamento de determinadas zonas e acondicionamento de outras.
O ámbito escolar é un
espazo moi valioso. Un patio ben estruturado fai do centro escolar
un lugar máis acolledor e grato, tanto para o alumno como para a
comunidade educativa.
As nosas escolas non
poden cambiar sen o compromiso dos profesores. No CEIP "A
Gándara" estamos a desenvolver o noso proxecto Valora-Lecer que
consiste fundamentalmente na ACTUACIÓN SOBRE O PATIO ESCOLAR PARA
MELLORAR O CLIMA DO CENTRO, posto que somos conscientes de que case
todos os problemas de convivencia se desenvolven no Patio escolar,
en tempo de descanso. Para a consecución do noso proxecto está a
ser tan importante como determinante a implicación da comunidade
educativa (nais e pais), superando as nosas previsións máis
optimistas. O proxecto vai como programamos, mesmo por diante. E
ata agora, o que realizamos (1ª fase) teriamos que avalialo como moi
positivo.
VI TORNEO DE FÚTBOL-SALA A GÁNDARA.
MONFORTE
Un ano máis o colexio A Gándara en
colaboración ca asociación AMAR (Asociación Monfortina de
Alcohólicos Rehabilitados) o VI Torneo de Fútbol-sala da Gándara, na
que participan os alumnos do 2º e 3º ciclo. Este torneo sempre se
celebra dentro do marco de actividades que a citada entidade ten co
gallo do Día Mundial Sen Alcohol, aspecto pois de gran interese
educativo para traballar co alumnado do centro.
Agradecemos por tanto dende o
centro a colaboración na donación dos trofeos a institución AMAR,
unha asociación que dende xa fai seis está loitando denodadamente
por explicar a cidadanía os efectos nocivos que ten na sociedade o
consumo excesivo de alcohol.
En canto os resultados da
competición foron os seguintes:
3º
A- 0 3º B- 4
4º - 3 3º B- 0
5º- 2 6º- 5
Polo tanto, o equipo de 4º e o de
6º foron os gañadores do 2º e 3º ciclo respectivamente, aínda que o
resultado da competición non é tan trascendental como o mensaxe que
conleva o evento.
|