Principal Mapa do sitio

CROSS MAGOSTO 08


Atrás Arriba Seguinte

 SAMAIN 08 IMAXES 08 XOGOS PATIO 08     

 

 

 

 

ABAIXO

 

V CROSS DO MAGOSTO. 7 DE NOVEMBRO DE 2008

 

 

Un ano máis chegamos, e xa van cinco, a unha nova edición do Cross do Magosto, unha proba escolar xa instituída dentro do calendario de actividades do colexio e tamén da zona sur de Monforte, ademais de ser un referente de inicio de tempada para todos os atletas do colexio.

Este ano tivemos a sorte de compartir esta proba con atleta FABIÁN RONCERO, todo un premio Príncipe de Asturias ca selección nacional de maratón, ademais de ser o actual record de España de 10.000 metros lisos e tamén o actual récord de Europa de Media Maratón, entre outros logros. Tamén foi o varios anos campión de España de Cross, e 5º e 6º nos mundiais de Edmonton e Atenas respectivamente.

Este cross hai que enmarcalo dentro das actividades do Magosto, unha festa típica galega e que dende o colexio queremos darlle a importancia que se merece a través dunha actividade lúdico-deportiva que acrecente o interés dos nenos polo entorno que lle rodea e tamén polo propio deporte.

En canto as clasificacións  propiamente ditas foron as seguintes:

PREBENXAMÍN MASCULINO:

1º- Marc Marcos

2º- Sergio Fernández

3º- Nico Díaz

 

PREBENXAMÍN FEMININO:

1ª- Alba Rodríguez

2ª- Andrea Álvarez

3ª- Lidia María Alonso

 

BENXAMÍN MASCULINO:

1º- Bruno Rodríguez

2º- Alex López

3º- Damián Méndez

 

BENXAMÍN FEMININO:

1ª- Sheila Vázquez

2ª- Claudia Peña

3ª- Aldara Otero

 

ALEVÍN HOMES:

1º- Brais López

2º- Joel Da Silva

3º- Marco Torzón

 

ALEVÍN MULLERES

1ª- Alba Rodríguez Varcárcel

2ª- Saleta Fernández

3ª- Raquel Santos

 

En canto os gañadores do concurso de redacción e debuxo que o colexio organizou para dar a coñecer ós nenos a figura do atleta invitado, e que por certo, foi moi do agrado do propio atleta, estes foron os premiados:

 

-         Sheila Vázquez

-         Alex Díaz

-         Aldara Otero

-         Manuel Hernández

 

En fin, que un ano máis disfrutamos desta competición ca presenza dun gran atleta internacional que en todo momento se mostrou moi cercano e moi afectuoso cos nenos de todo o colexio, e que esperemos , sigamos en anos vindeiros con esta proba que non fai máis que aumentar o entusiasmo e o interés  do alumnado por este deporte tan marabilloso.

 ARRIBA

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010