Principal Mapa do sitio

Educación infantil


Arriba Seguinte

 3 anos 4 anos 5 anos     

 

 

 

Abaixo

Avaliación en Educación Infantil.

 

A educación infantil vai dende os 3 aos 6 anos (tres cursos)

bullet

 Ensino de Inglés dende os 3 anos (participación no programa de anticipación ás linguas estranxeiras)

bullet

 Utilización das novas tecnoloxías dende os tres anos.

bullet

 Aula de xogos e psicomotricidade

bullet

 Patios cubertos e zona de lecer para infantil.

 

A Educación Infantil non é obrigatoria e correspóndese coa anteriormente denominada preescolar, que tiña un carácter de preparación para as etapas posteriores. O cambio de denominación é debido a que a LOXSE establece que toda a etapa é educativa en si mesma e non de preparación para a educación obrigatoria.

Marco legal

A LOXSE regula legalmente toda a etapa de Educación Infantil segundo se establece no Decreto 426/1991.

O carácter non obrigatorio da etapa non é incompatible coa regulación legal dos seus elementos básicos, posto que constitúe obxecto de interese público todo aquilo que se refira a un valor social tan importante como a educación, moito máis cando se trata dos seus primeiros anos.

Os centros nos que se escolarizan os nenos e nenas do segundo ciclo (dos 3 ós 6 anos de idade) dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os centros públicos que educan a nenos e nenas do primeiro ciclo (desde o seu nacemento ata os 3 anos) dependen da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Estructuración da etapa

A Educación Infantil estructúrase en dous ciclos, de tres anos de duración cada un, nos que se adecúan os elementos principais do currículo ás características específicas de cada un deles. O currículo de Educación Infantil está organizado en tres áreas denominadas:

bulletÁrea de Identidade e autonomía persoal.                     
bulletÁrea do Medio físico e social.
bulletÁrea de Comunicación e representación.

 

Áreas

Ciclo

Curso

Identidade e autonomía persoal
Medio físico e social
Comunicación e representación

Identidade e autonomía persoal
Medio físico e social
Comunicación e representación

Os elementos básicos do currículo de Educación Infantil, é dicir, aqueles que deben estar presentes na oferta educativa dos centros para esta idade, veñen determinados tanto polas demandas sociais acerca de qué deben ofrecer os centros educativos para os nenos e nenas, canto polos factores e procesos evolutivos que configuran as posibilidades de experiencia, de desenvolvemento e de aprendizaxe nesta idade.

Colaboración coas familias

Os centros docentes de Educación Infantil deben cooperar estreitamente cos pais ou titores co fin de prestarlles apoio na súa responsabilidade fundamental nesta etapa educativa. A implicación da familia no proceso educativo é imprescindible e será o equipo docente o que estableza as canles máis axeitadas para conseguir unha comunicación fluída e frecuente e a participación dos pais e das nais nas actividades que consideren oportunas.

Período de adaptación

Os primeiros días de escola da nena ou do neno supoñen un importante cambio na súa vida que lle implica saír do mundo familiar, coñecido e valorado, para chegar a outro descoñecido como é o ambiente escolar. Este período de adaptación será tratado a través dunha organización especial, ó inicio do curso, á que non serán alleos as nais e os pais.

Finalidades

A Educación infantil ten como finalidade contribuír a través da acción educativa ó desenvolvemento dos nenos e nenas nos seus distintos ámbitos:

bulletdesenvolvemento motor cara ó progresivo dominio e control corporais.
bulletO desenvolvemento cognitivo, que se correspondería cos períodos evolutivos sensoriomotor e preoperatorio.
bulletO desenvolvemento da linguaxe, que lles permitirá ós nenos e ás nenas ir construíndo os seus esquemas cognitivos, recibir e emitir informacións, así como integrar e vivi-las súas relacións afectivas.
bulletO desenvolvemento das relacións socio-afectivas, que facilitarán o descubrimento da propia identidade e a súa inserción social.
bulletO desenvolvemento da autonomía persoal mediante o afianzamento da propia identidade, o coñecemento e aceptación das propias posibilidades e limitacións e a consecución dunha autoimaxe e autoestima positivas.

 

Arriba

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010