Ensino do inglés dende o primeiro ciclo e utilización das novas tecnoloxías 
nas diferentes áreas de aprendizaxe.
 
EDUCACIÓN
PRIMARIA
No marco da LOXSE, coa ampliación do ensino
obrigatorio ata os dezaseis anos, cómpre distinguir dúas etapas: a Educación
Primaria(6/12 anos) e a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos 12 aos 16
anos.  
No ensino obrigatorio, no que as finalidades
básicas son favorece-lo desenvolvemento
integral da persoa e o logro da propia
autonomía e da identidade persoal e social, a etapa de Educación Primaria
debe proporcionarlle ao alumnado un contorno educativo que facilite unha autonomía
de acción no medio, rico en elementos de socialización e que sexa un marco de aprendizaxes instrumentais básicas.
Estructuración
da Etapa
A Educación Primaria comprende seis anos académicos,
desde os seis aos doce anos de idade, e estructúrase en tres ciclos de dous
anos de duración cada un. 
 
 
Esta etapa organízase nas áreas que se
sinalan a seguir, que son obrigatorias e deben ter metodoloxicamente un enfoque
global integrador, tal como se establece no Decreto 245/1992: 
 
A área de Relixión Católica será de
oferta obrigatoria para os centros e de carácter voluntario para os alumnos e
alumnas. Ao  comezar a Educación
Primaria ou na primeira inscrición do alumno ou alumna ao centro, os seus pais,
nais ou titores legais manifestarán á dirección do centro a opción á que se
acollen, sen prexuízo de que esta se poida modificar ao comezo de cada curso
escolar. Os centros organizarán, ao mesmo tempo, actividades alternativas,
segundo establece a normativa, adecuadas para os nenos e nenas que non asistan
ás clases de Relixión Católica.
A educación moral e cívica, a educación
para a paz, para a saúde e calidade de vida, para a igualdade entre os sexos, a
educación ambiental, a educación sexual, a educación do consumidor, a educación
para o lecer e a educación vial estarán presentes a través das diferentes áreas
ao longo de toda a Educación Primaria.
Sen prexuízo do carácter global e
integrador das áreas nas que se organiza a Educación Primaria, establécese a
seguinte distribución horaria:
Titoría
Na Educación Primaria cada grupo de alumnos e alumnas
terá un mestre titor. A súa actuación deberá coordinarse especialmente coa
dos outros mestres que incidan sobre o mesmo grupo de alumnos e alumnas, ademais
da necesaria coordinación co equipo de mestres de ciclo e de etapa, segundo se
establece no Decreto 374/1996 que aproba o Regulamento orgánico dos colexios de
Educación Primaria. 
 
  
Normalización
lingüística
Co fin de contribuír á normalización lingüística da
comunidade educativa, o centro deberá considerar a súa situación sociolingüística
específica e actuar de acordo coa normativa vixente. 
O Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG
do 15) establece que no 2º e no 3º ciclos desta etapa se impartirán en galego
dúas áreas de coñecementos cando menos, sendo unha delas a área de Coñecemento
do Medio Natural, Social e Cultural.
Avaliación
e promoción
Ao remate de cada ciclo decidirase a cerca da promoción
dos alumnos e alumnas ao ciclo seguinte. A decisión será adoptada polo mestre
titor tendo en conta os informes dos outros mestres do grupo de alumnos e
alumnas. 
Cando a decisión comporte que o alumno ou
alumna non promocione ao ciclo ou etapa seguinte esixirase a audiencia Anterioria
dos seus pais ou titores e deberá ir acompañada de medidas educativas
complementarias orientadas a conseguir que o alumno ou alumna, que non
promocione, acade os obxectivos programados.
A decisión de que un alumno ou alumna
permaneza un ano máis no mesmo ciclo só poderá adoptarse unha vez ao longo da
Educación Primaria (e outra excepcional oídos pais, mestres e inspector),
segundo o establecido na Orde do 6 de maio de 1993 que regula a avaliación
neste etapa.                                                            
 
Obxectivos             
A Educación Primaria contribuirá a desenvolver nas
nenas e nenos as capacidades seguintes: 
·       
Utilizar,
de xeito apropiado, a lingua galega e a lingua castelá. 
·       
Comprender
e expresar mensaxes sinxelas nunha lingua estranxeira. 
·       
Aplicar
ás situacións da vida cotiá operacións simples de cálculo e procedementos lóxicos
elementais. 
·       
Adquiri-las
habilidades que permiten desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico,
así como nos grupos sociais cos que se relacionan. 
·       
Aprecia-los
valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con
eles. 
·       
Utiliza-los
diferentes medios de representación e expresión artística. 
·       
Coñece-las
características fundamentais do seu medio físico, social e cultural e as
posibilidades de acción nel. 
·       
Valora-la
hixiene e a saúde do seu propio corpo, así como a conservación da natureza e
do medio ambiente. 
·       
Utiliza-la
educación física e o deporte para favorece-lo desenvolvemento persoal. 
 
Arriba