Principal Mapa do sitio

Letras Galegas 06


Atrás Arriba

 Teatro  2006 Entrega  Premios  06 Imaxes Cea 6º 06     

 

 

 

ABAIXO

Este ano o día das Letras Galegas dedicouse a Manuel Lugrís Freire, poeta que destacou en Gramática, Poesía, Narrativa, Teatro, Ártigos e prosas soltas e Obra en español.

Manuel Lugrís Freire naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano redixido totalmente en galego: A gaita gallega (1885-1889). Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prologado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. De volta á Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o cultivo da literatura, editando en 1901 Noitebras.
     Relacionado cos rexionalistas herculinos, Lugrís tomou parte en todas as actividades galeguistas da altura. Así, foi o primeiro en utilizar nun mitin a lingua galega e figurou entre os patrocinadores da Escola Rexional de Declamación (1903), da que sería presidente. Desde este momento, a maior preocupación de Lugrís foi a de fornecer de textos á nova entidade, todos eles cunha forte carga reivindicativa e rompedores co costumismo imperante. Tras a presentación da Escola cunha peza de Salinas, a totalidade dos espectáculos realizados polo cadro contaron con títulos da súa autoría: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). Alén de figurar como o primeiro escritor teatral en utilizar a prosa, é o máximo representante do teatro social ou de tese.
     Porén, Lugrís deixaría definitivamente o teatro e retomaría a creación poética. Tamén asinou (co pseudónimo Asieumedre) numerosos relatos breves que serían compilados en 1909 no volume Contos de Asieumedre e aínda publicaría unha Gramática do idioma galego (1922).
     En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal. A Real Academia nomeouno presidente en 1934, posto ao que renunciaría un ano máis tarde por problemas de saúde. Nesa década, colaborou, así mesmo, na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía.
     Tras o conflito bélico, que provocou a persecución da actividade galeguista, Manuel Lugrís morreu na Coruña en 1940.

 

                   Biografía                                      Obras

 

No Centro se fixeron durante todo o mes diferentes actividades, como pode verse no seguinte programa de actos

 

MES DAS LETRAS GALEGAS:  Programa  De  Actos  

 

     MÚSICA

Os maios  por 3º e 5º:

    " Lingua galega , lingua brava" e "Cantar da Gándara" polo coro do colexio

Exposicións

Mes de maio no colexio

-Vida e obra de Lugrís Freire

- Carteis ilustrados con poemas de Manuel María

-Publicacións do colexio 

Concursos

Concurso Certame "Exprésome en Galego" Ver Bases

Planetario de Caixa Nova

Día 2  .  Para Infantil, 2º ciclo e 3º ciclo.

Contacontos Antón Castro

Día 4  .  Para 4º e  5º.

Obradoiro de escrita con Santiago Jaureguizar .

Todos os venres  .  Para 6º curso.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Día 12 a partires das 10:30 h.  na Casa da Cultura . Para todo o colexio.

Actuación do coro do colexio no MULTIUSOS .Festa das letras Galegas.

Día 13 ás 7 da tarde . Organiza o Concello.

Final campeonato provincial de voleibol. Alevín feminino.

Día 13 ás 11:30 no pavillón municipal de Lugo.

Maratón da Ferreirúa

Día 14  . Participan alumnos e alumnas do colexio.  

MULTIMEDIA EN GALEGO . Siñificado do Día Das Letras Galegas. Lugrís Freire .

Día 15 no salón de Audiovisuais. Para todos os cursos en distintas sesións .

DVD , video,  radio, libros, publicidade .

Excursións

Día 16   3º e 4º (Lalin) .  Día 30   3º,4º e 5º (Vigo e Redondela)

DEPORTE E XOGOS NA RÚA

Día 17 na  explanada de xogos da Compañía.

Organiza o concello

ENTREGA DE  PREMIOS DE EXPRÉSOME EN GALEGO

Día 26 no porche do colexio.

CEA  DE  6º de Ed. Primaria

Día 27 no pavillón do Colexio 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

12 de maio a partir das 10:30 da mañá na Casa da Cultura

 

   CONTACONTOS FINALISTAS NO CERTAME “ TÍRALLE DA LINGUA” 

(Ver bases)

    Arturo Vila González de 2º:  A araña

María López González de 4º : O piollo e a pulga

Cintia Carneiro Salvador de 5º:  Os ladróns

 

 TEATRO. 

OS ANXOS CÓMENSE CRUS:

REPARTO:

 

Dirección: Celsa Varela García

              Sara Fernández López

 

Axudantes de dirección: Denís Losada Varela

                                   Alejandra Dos Santos Figueiras

 

Decorados: Gloria Cortiñas Vila

 

Vestiario: Nais de alumnado e comunidade educativa.

                

Actores e actrices:

Gatos:Celia Lozano López

           Belén Pérez Sánchez

           Antía Penoucos Vázquez

Gardas:Cintia López Losada

             Daniel Mazorra Romero

             Heitor Albo Sánchez.

Inocencio:Ramón Losada Dopacio

Margarida: Andrea García Corral

Cucos:María Castro Vázquez

           Nerea Rodríguez Díaz

           Sandra Pérez Rodríguez

 

COLABORADORES: alumnado, profesorado e  nais  de 6º

 

SINOPSE:

Tres gatos ladróns chamados "Os Anxos": Toribio, "o xefe", Ludovico, "o mugrento" e Aniceto "o comilón" planean dar un GRAN GOLPE: Roubar os cucos da reloxería de Inocencio.

 

DURACIÓN:50 minutos aproximadamente

 

A obra de teatro será representada ese mesmo día 12 de maio e no mesmo lugar ás 8 da tarde para o público de Monforte. É importante que os familiares, amigos  e público en xeral acuda a esta sesión xa que terá a oportunidade de votar para o Certame municipal de Teatro para centros de ensino.

 

ARRIBA

 
CEIP "A GÁNDARA"
Última
actualización
: 09/09/2010