|
Este ano o día das letras galegas adedicouse a
María Mariño Carou
naceu en Noia o 8 de xuño
de 1907. De familia humilde, -era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a
escola para exercer como costureira. As prementes necesidades económicas en que
vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro),
onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente
esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita,
na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que
enriquecerá a súa formación e sensibilidade.
A autora noiesa vive parte da guerra civil española en Algorta (Biscaia), e
posterioremte escribirá, produto das lembranzas desta traxedia, o relato inédito
“Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra“. Finalizada a guerra civil
contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola
súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de
nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha
fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa,
instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.
En 1953 coñeceu a Uxío
Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño
comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía,
entrando en contacto con outros escritores como
Manuel María, Domingo
García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou
Ramón Piñeiro. No
entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son
escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta
de Lugo publica Palabra
no Tempo, con prólogo de
Ramón Otero Pedrayo,
e só vinte e sete anos despois coñeceremos
Verba que comenza
(1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. Á métrica tradicional do
primeiro poemario sucederase o versolibrismo en Palabra no Tempo, cunha
constante ao longo de toda a súa traxectoria: intimismo radical e liguaxe
rupturista.
María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que
padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na
historia das nosas letras. (Ver
obra completa)
No Centro fixéronse durante todo o mes diversas
actividades como pode verse no seguinte programa de actos:
MES DAS LETRAS GALEGAS:
Programa De Actos
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
 |
Teatro: "COSER E CANTAR" Mércores 2 de
maio na Casa da Cultura a partir das 10.30 da mañá para o colexio e a partir
das 20.00 horas para o público de Monforte. |
PRESENTADO por Alexia
PERSOAXES E ACTORES
-
COSTUREIRA: Sra.
Mercedes (María Táboas)
-
OFICIALAS: - Gloria
(María)
- Laura (Yovanna)
- Juanita (Divina)
- Petra ( Ana)
- Lolita (Isaura)
-
MARIDO DA COSTUREIRA: Sr.Joaquín ( Javier Pagaza)
- MOZO
DUNHA OFICIALA:
Leonardo (David)
-
REALIZACIÓN: - Dolores Pérez
- Sara López
-
DECORADO: C.E.I.P A Gándara
OBRA
DE TEATRO
“COSER E CANTAR”
Trátase dunha obra de teatro
popular.
A escea acontece nun taller de
costureiras dunha
Vila. En realidade, o tal
“taller” é o cuarto dunha
casa non moi medrada.
Non faltarán algúns figuríns
pasados de moda,
unha vella máquina de coser,
unha mesa que serve
tamén para planchar, algún
vestido de muller
Colgado e sempre máis sillas que
costureiras.
Non deixedes de ver a maxestuosa
representación
que fan desta obra os alumnos e
alumnas de 5º
E 6º de EP.
 |
CONTACONTOS FINALISTAS NO CERTAME TÍRALLE DA LINGUA: |
- Iván de 1º.
- Aldara de 2º.
- Sonia de 4º.
- Toni de 6º.
- María de 6º.
 |
MÚSICA: |
- Cantiga 253 de Alfonso X.
- Banda Sonora de Titanic.
 |
Maratón do Estudiante |
Día 4 . Para todos os estudiantes dos centros educativos de
Monforte.
 |
Homenaxe ao “Centro San Xosé” de anciáns |
Sábado 5 . Grupo de alumnos de 6º curso.
 |
Títeres Cachirulo |
Martes 8 . Na Casa da Cultura ás 18:00h. Organiza Concello
 |
TREN
DA LINGUA |
Mércores 9 . Para 1º .Viaxe en tren de Monforte a Ourense
.Organiza Caixanova.
 |
MAIOS
|
Mércores 9 .COPLAS e MAIO a partires das 17:30 h. na
Praza de España .
 |
CONTACONTOS . |
Xoves 10 pola mañá no colexio para 2º e 4º . Organiza o
Concello.
Venres 11 pola tarde para 1º. Organiza IES “ Río Cabe ”
Data a determinar para 3º,5º e 6º. Organiza Asociación
Socio Pedagóxica Galega
 |
CONCERTOS DIDÁCTICOS –Trala música de
raíz-
|
Venres 11 ás 10,30 e 11,50 para alumnos e alumnas de 2º e
3º ciclo.Organiza Concello e “Caja Madrid”.
Sábado 12 ás 17:00h na Casa da Cultura CONCERTOS EN
FAMILIA
 |
Exposición de instrumentos de música tradicional.. |
Venres 11 a continuación do concerto e para o mesmo
alumnado visita á exposición no Casino.
 |
Maratón da Ferreirúa
|
Domingo 13 . Participan alumnos e alumnas do colexio.
 |
FESTIVAL LETRAS GALEGAS EN BÓVEDA
|
Domingo 13 ás 18:00h . Participan alumnos e alumnas do
colexio
 |
MULTIMEDIA EN GALEGO. Siñificado do Día Das Letras Galegas. MARÍA MARIÑO
CAROU. O noso idioma a debate. |
Venres 18 no salón de Audiovisuais. Para todos os cursos
en distintas sesións .
DVD , video, radio, prensa, publicidade .
 |
CONCURSO DE PESCA
|
Sábado 19 en Lugo todo o día. Organiza Sociedade de Pesca
de Monforte .
 |
CEA DE 6º
|
Venres 25 no pavillón para toda a comunidade educativa.
 |
OBRADOIROS DE EXPRESIÓN CREATIVA
ESCRITA PLÁSTICA E MULTIMEDIA
|
Todos os venres pola tarde.
-
Certame Exprésome en galego.(exp. Escrita)
-
“¿Quen dixo medo? Narración e debuxo.
-
“ Así vemos Monforte ” Debuxo
-
“Cada aula un poema ” Collage colectivo.
-
“ Dalle publicidade ao noso idioma Sairás gañando”. Novas tecnoloxías .
 |
CAMPAÑA FALÁDELLE GALEGO Para Infantil.
|
 |
Exposicións
|
Mes de maio no colexio
-Mostra de material sobre María Mariño Carou (Autora
homenaxeada este ano no Día Das Letras Galegas) facilitado pola Secretaría xeral
de Política Lingüística).
-Carteis ilustrados de poesías de autore galegos.
 |
FESTIVAL 2 DAS LETRAS GALEGAS |
Venres 1 de xuño para toda a comunidade educativa.
Entrega de premios dos distintos certames e actuacións.
 |
FESTA
FIN DE CURSO DE “ VOZ NATURA ” |
Sábado 2 de xuño no parque deportivo “Acea de Ama” de
Culleredo en A Coruña. Para toda a comunidade educativa.
ARRIBA
|