Letras galegas 2010: ano de
Uxío Novoneyra
Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.
Coñece máis sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra a través dun texto de Darío Xohán Cabana na web da Real Academia Galega, onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos.

Exposición gañadora de Infantil e primaria
CEIP Santo Estevo de Parga, Guitiriz (Lugo). Courel

Exposición gañadora de Educación Secundaria
CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas (Ourense). Uxío Courel, Courel Uxío
Traballos de Educación Infantil e Primaria e de Educación Secundaria con motivo do Día das Letras Galegas, para a elaboración dunha exposición sobre Uxío Novoneyra.
Cadernos
Ramón Piñeiro (XIV). A casa! o val! a patria homilde!
Celebración de Uxío Novoneyra (1930 – 1999)
Publicación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación
en Humanidades que recolle textos de moi distinta
natureza (en verso e prosa, biográficos e de autopoética,
caligráficos e mecanoscritos, de creación, reflexión e
información) que percorren distintos aspectos da vida e
obra do escritor.
Descarga: calendario 2010 con imaxes relacionadas con
Uxío Novoneyra
Fotografías e deseño de Sara Paz, Luís
Aldegunde e Antonio Omil. En formato A3 e A4.
www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php
Asociación de Escritores en Lingua Galega: monográfico
"Chámanos este día que chove", peza musicada para descargar
homenaxeados letras galegas, galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego, uxío novoneyra






