|
|
O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O “DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA” ·
É unha iniciativa de Educación practicada nas
escolas de todo o mundo (en todos os países e en todas as cidades) dende 1964. ·
Practícase o
30 de Xaneiro, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi
(home que coa súa loita pacífica e con accións de non-violencia
conseguiu que a independencia da India, seu pais natal, se fixera realidade. ·
É unha celebración que contribúe a que os
centros de ensino se convertan en Instrumento de Paz e entendemento entre
persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. ·
Proponse unha educación permanente para a
Concordia, Tolerancia, Solidariedade, o Respeto aos Dereitos
Humáns, a Non Violencia e a Paz. No colexio, como todos os anos os días Anteriois estivemos preparando nas aulas debuxos, mensaxes, poemas, posters, murais... Este ano centramos a nosa mensaxe do día 30 na TOLERANCIA E PAZ. MAÑÁ: En todas as aulas Unidades Didácticas sobre a Data. · Proxección do DVD “En Son de Paz” (5º e 6º curso). TARDE: Os nenos e mestres de cada clase, coa súa roupa branca e a súa pomba saímos ao patio para formar un gran Arco da Vella nun acto simbólico representando a TOLERANCIA E DESEXO DE PAZ, baixo o slogan : “Fixemos Pombas de cores que forman o Arco da Vella porque os Rapaces da Gándara ¡Queremos Paz e non Guerra!”. A esta concentración tamén acudiron un bo número de pais e nais. A celebración consistiu en: 1. Saúdo e Recitado de “IMAGINE” de John Lennon a cargo dunha nena de 2º. 2. Música de acompañamento todo o tempo: “Imagine” e “All we are saying les give peace a chance” (Beatles). 3. Siñificado DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA a cargo dunha profesora. 4. Manifesto de compromiso coa PAZ a cargo de uns alumnos de 6º. 5. Fundamentación do acto simbólico por nenas de 6º e a directora. 6. Canción: “Por qué no ser amigos” (Hombres G) por todos os que asistiron ao acto(ao final). Os alumnos e alumnas do CEIP
“A Gándara” xunto cos nosos mestres e mestras queremos facer público
o noso compromiso coa paz nesta Celebración do Día Escolar Para a
Non Violencia e a Paz. Nun mundo no que a violencia, o
medo e a inxustiza forman parte da vida de
moitas persoas, queremos manifestar: ·
1.- Todas as persoas somos responsables de que o mundo sexa cada día máis
xusto, máis pacífico e máis seguro. ·
2.- A Paz constrúese día a día entre todos. ·
3.- A violencia e o medo nunca solucionan un conflicto só o ocultan. ·
4.- É posible cambiar o mundo. Non
é fácil pero conseguirase. Somos
moitos os que queremos a Paz. Propoñemos empezar a construila hoxe mesmo
e esforzarnos para que medre ao noso arrededor e chegue a todo mundo. Monforte de Lemos, 30 de xaneiro de 2006. ASINADO: A directora
Delegados de
5º e 6º En representación dos mestres/as. En representación dos alumnos/as.
|
CEIP "A GÁNDARA"
|