|
|
MARATON DO
ESTUDIANTE MONFORTE
2005 Un ano máis, celebrouse maratón do estudiante, unha carreira entre tódolos colexios e institutos de Monforte. Este ano o noso colexio tivo un enorme éxtio nesta carreira, obtendo un total de trece premios entre medallas e trofeos, mellorando así os premios acadados o ano pasado (foran catro). Pero en xeral, é importante destacar o esforzo e a mellora nos postos de tódolos participantes. Os alumnos CINTIA CARNERO (benxamín femenino) e ANTHONY SANTOS (alevín masculino) foron os gañadores nas súas categorías. DIEGO VÁZQUEZ (bexamín masculino) ocupou un importante segundo posto. MARÍA TABOAS foi sexta en benjamín femenino e tamén conseguiron medalla ANDRES SOUSA e DENIS DIAZ na categoría de prebenxamín. En canto o maratón (categoría alevín), aparte do triunfo de Anthony, destaca o séptimo posto de CELIA LOZANO e o oitavo posto de LARA CAMINO en alevín femenino. En alevín masculino, JONATAN CAMBA foi cuarto, RAMÓN LOSADA foi quinto e BORJA DÍAZ foi sexto. En canto os profesores FELIPE foi primeiro e JOSÉ RAMÓN foi segundo. Noraboa a todos e a seguir entrenando para o próximo curso intentar mellorar o deste ano. |
CEIP "A GÁNDARA"
|