| 
 
 
 | 
 CRÓNICA MARATÓN DO ESTUDIANTE 23/05/2006 
 Por terceiro ano consecutivo despois da súa interrupción
, desenrolouse en Monforte o III Maratón do Estudiante, ao que acudiron
tódos os centros educativos de Monforte, e como non podia ser menos, tamén nós
levamos unha amplísima representación, o que nos fai pensar que as actividades
deportivas contan con gran apoio e interés no noso colexio. En canto os resultados, reseñar que tódos os nenos
participantes fixeron un gran papel, xa que o mero feito de participar é un éxito
deportivo para cada alumno, que ve recompensado o seu esforzo co traballo ben
feito e ca felicidade de competir ese dia con outros atletas. En canto os postos de honor (trofeos e medallas), os
destacados foron os seguintes: En categoría PREBENXAMÍN FEMENINO, ANA PÉREZ CABO
entrou en terceira posición e CLAUDIA VIRGINIA PEÑA MARTÍNEZ en octava
posición, levando a primeira un trofeo e a segunda unha medalla. Ademáis,
Claudia Virginia foi a segunda clasificada entre as nenas do seu ano, o que
demostra o gran fúturo atlético que ten por diante.. En PREBENXAMÍN MASCULINO non houbo sorte, pero Iván Pérez
Sánchez estivo moi cerca, xa que entrou no noveno posto. Na categoría BENXAMÍN FEMENINO logrouse un clamoroso éxito,
xa que hasta catro nenas lograron medallas. A saber, ALBA RODRÍGUEZ cuarta,
SALETA FERNÁNDEZ quinta, FÁTIMA GARCÍA sexta e ANA ANTONIA
JAVIER oitava, o que confirma o bon facer de todas elas. En total, nove
nenas do colexio entre as 22 primeiras, o que demostra o poderio nesta categoría. En canto a categoría de BENXAMÍN MASCULINO, séptimo
posto para MIGUEL CARLOS GARCÍA, aínda que Domingo Antonio Rodríguez
rozou os postos de honor co seu décimo posto. E chegamos a categoría superior, os alevín, tanto
masculino como femenino, que deberon afrontar o circuito de 3 km, o que 
supón todo un desafio e para o que os nenos estiveron entrenando para
poder completalo en boas condicións físicas. Así, en ALEVÍN FEMENINO, BELÉN
PÉREZ SÁNCHEZ conquistou a séptima posición e, polo tanto, medalla, e en
ALEVÍN MASCULINO, fenomenal comportamento dos atletas DIEGO VÁZQUEZ,
terceiro e trofeo, e xa van tres anos consecutivos alcanzando postos de honor, e
RAMÓN LOSADA, cuarto e tamén repetindo medalla. Por último na categoría de profesores FELIPE foi primeiro e JOSÉ RAMÓN acadou o segundo posto na súa despedida como profesor do colexio. Dende o colexio desexámoslle sorte no seu novo destino a este fenomenal competidor. Recordar o seu palmarés: 2 segundos postos e un tercer posto en 3 anos. Adeus campeón. 
 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |